Nacemento:
Morte:
Tiña 22 anos. Veciño de Cabral, en Vigo.
Militante do PCE.
Fuxido. Encarcerado. Colaboracionista.
Chamárono a filas no exército franquista, declarouse insubmiso, desertou e andou en fuga.
Formou parte da partida guerrilleira dos irmáns Rogelio García Molares, o Maletas, e José García Molares; tamén estaban na partida, entre outras persoas: Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Manuel Simón Campos, o Xanote, e Guillermo Santos Caride, Quique. Nos primeiros meses da súa actuación adicáronse a dar golpes económicos e a tomar represalias contra os colaboradores do Réxime.
En 1939 presentouse ao gobernador civil de Pontevedra Manuel Gómez Cantos diante da promesa do indulto. Despois volveu fuxir ao monte ao saber que pretendían detelos.
No ano 1940 participou con Guillermo Santos Caride e Amador García Coco nun atraco e roubo na estrada A Ramallosa-Baiona, delito polo que o procesaron en xullo dese ano.
No outono de 1940, con Delmiro Barreiro Cubeiro e outros, presentouse á Garda Civil e denunciaron a moitos camaradas, como Jesús Lago González, Petrillas, a quen fusilaron o día 25/10/1940 e Julio Guillén Biel, o Biel.
A Manolo de Cabral puxérono en liberdade ao pouco tempo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.