Nacemento:
Morte:
Avogado penalista, profesor e político, 47 anos. Licenciado en Dereito pola Universidade Central de Madrid no ano 1909. Catedrático da Universidade de Murcia en 1925, da que foi decano e vicedirector.
Nos primeiros anos da II República afiliouse a Acción Republicana (AR), que lideraba Manuel Azaña Díaz, e en 1934 a Esquerda Republicana (ER) tamén con Azaña, do que era amigo persoal. No bienio radical-cedista afastouse da política e adicouse ao ensino.
Deputado nacional por Murcia no ano 1931. Elixido deputado pola Fronte Popular (FP) nas eleccións de febreiro de 1936, Azaña nomeouno ministro de Agricultura, levando a cabo moitas reformas que asentaron no campo a moitos labregos. Logo do cese en xullo de Santiago Casares Quiroga, e do curto executivo de Diego Martínez Barrio, Azaña propúxolle que asumira a presidencia do gabinete, que rechazou e no seu lugar aceptouna José Giral Pereira.
Exiliado.
Despois de que se declarara a guerra civil acadou o ministerio de Xustiza no Goberno de Francisco Largo Caballero de setembro a novembro de 1936, dimitindo do seu cargo diante do desacordo pola execución de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia.
Máis tarde desenvolveu o cargo de embaixador en Polonia e en Bélxica ata o remate da guerra civil.
Exiliouse en México onde exerceu de catedrático de Criminoloxía.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.