Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 30 anos. Veciño de San Xián de Serantes, Oleiros. Mariñeiro do María Helena J.
Militante da CNT.
Fuxido. Encarcerado.
O día 07/10/1937 ás 04:00 h varias persoas fanse co dominio da tarrafa María Helena J, de Mera, San Xián de Serantes, e condúcena cara Francia, chegando a Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia) o día 09/10/1937.
Varios dos tripulantes están implicados na acción; ao patrón, Manuel García Lugrís, que se opón á fuxida, déixano na lancha auxiliar en Cabo Prior. Desde Francia aos nove escapados enviáronos a España, á zona republicana, e estiveron nas frontes de Barcelona e Valencia. A tripulación que non deserta volve ao porto de Celeiro (Lugo). A tarrafa era propiedade do médico de Mera, Ramón Juega López.
Os nove fuxidos eran: Pedro Hidalgo Longueira, mariñeiro; Rafael-José Patiño García, carpinteiro; Juan Temprano Lugrís; Juan-Antonio Neira Moscoso, mariñeiro; os irmáns Manuel Irajo Lago e Francisco Irajo Lago; Andrés Siso Longueira, mariñeiro; Juan-Antonio García Lugrís, mariñeiro, e José Illanes Barreiro.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.