← Volver atrás

Temprano Salorio, Carmen

Alcume: a Moza
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Morte en enfrontamento

Nacemento:

San Xorxe de Iñas, Oleiros
(A Coruña)
- 11/11/1926 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Bugallido, San Mamede de Zas
(A Coruña)
- 05/03/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 9 anos. Moza do guerrilleiro José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño. Veciña do Carballo, San Pedro de Nós, Oleiros (A Coruña), onde a nai rexentaba unha taberna.

Militante do PCE.

Fuxida. Morte en enfrontamento.

Botouse ao monte no ano 1948 despois de coñecerse a relación que mantiña con Castelo Mosquera e integrouse no grupo de Juan Couto Sanjurjo, Simeón.

Tamén pertenceu ao Destacamento Manolito Bello, da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

No Destacamento Manolito Bello estiveron, entre outras persoas: José-María Castelo Mosquera, Doctor, Casteliño; Manuel Pena Camino, Flores, Dios; Vicente Peña Terrassa, Pedro Borrás; Manuel Ramiro Souto, Souto; Rosendo Sar Lantes, Rosendo de Alvedro; Carmen Temprano Salorio. O seu campo de acción desenvolvíase en Ordes e A Coruña.

Ferida o día 21/07/1948 en Beldoña, San Tirso de Mabegondo, Abegondo (A Coruña), nun tiroteo coa Garda Civil, na mesma noite na que ardeu a Casa do Concello de Abegondo.

Acostumaba vestir con roupa de home. Despois deste incidente o Destacamento Eive-Carbón trasladouse a terras de Negreira (A Coruña).

Morreu cando tentaba fuxir cos seus compañeiros ao descubrirlles o agocho do seu grupo na casa da familia Teiga, en Zas. Tres dos seus compañeiros logran fuxir e a dous abateunos a Garda Civil en Santa María de Paramos, Val do Dubra (A Coruña): Vicente Peña Terrassa e Manuel Pena Camino.

Soterráronos nunha fosa común no adro do cemiterio de Santa María de Paramos.

Morte anotada no Rexistro Civil de Negreira por mor dun traumatismo cerebral por disparo de arma de fogo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha