← Volver atrás

Varela Sobrado, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

San Xoán de Palmou, Lalín
(Pontevedra)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Volta do Couto, San Pedro de Tenorio, Cotobade
(Pontevedra)
- 09/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Canteiro e sindicalista, 27 anos. Casou no ano 1932 con Leonisa González; tiveron un fillo e unha filla: Germán e Elena. Veciños de San Xoán de Botos, Lalín. Irmán de Ramón Varela Sobrado, encarcerado. Co inicio das obras do ferrocarril Ourense-Santiago de Compostela, trasladouse a Botos.

Presidente da Sociedade Obreira La Equidad de Botos.

Detido en novembro de 1934 acusado de coaccións aos obreiros no desenvolvemento da folga xeral revolucionaria de outubro dese ano.

Paseado.

Cando se produce o movemento golpista acudiu a Lalín na defensa da legalidade republicana.

Prendérono o día 01/09/1936 e internárono no cuartel de Falanxe, onde o torturaron e obrigaron a asinar unha declaración que o inculpaba e a entregar os libros da sociedade que presidía, que lles serviron aos falanxistas para practicar novas detencións.

O día 04/11/1936 trasladárono á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron o seguinte día 9 con outras dez persoas de Lalín e Arbo e asasináronos na Volta do Couto; soterrado en Tenorio. Sacáranos coa desculpa dun trasladado á cadea de Ponte Caldelas (Pontevedra).

Morte rexistrada en Tenorio a causa de disparos.

Nese lugar e data finaron asasinados polos represores seis lalinenses: Luis Frade Pazos, labrego; Eliseo Garra Lalín, funcionario; Ramiro Granja González, funcionario; José López Bermúdez; José-María Montouto Rodríguez, labrego, e Luis Varela Sobrado, canteiro. Outros cinco executados eran naturais de Arbo (Pontevedra): Juan Alonso Pérez, mestre; Alfonso Alonso Portugués, empresario agrario; José Gómez Sampayo, médico; Antonio Picallo Buela, vendedor de xornais, e Telmo Rodríguez Alonso, pensionista.

Soterráronos nunha fosa común en Cotobade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha