← Volver atrás

Garnica, …

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Capitán de Intendencia con destino na Coruña.

Desde o triunfo da Fronte Popular (FP) en febreiro de 1936, entre a oficialidade dos cuarteis existen moitas reunións nos cuartos de bandeiras inclinándose pola sublevación. O principal enlace destes contactos rebeldes era o capitán da Garda Civil, José Rañal Lorenzo, ao que se sumaban o capitán da Garda Civil Gumersindo Varela Paz; o comandante do Estado Maior, Fermín Gutiérrez de Soto; o capitán de Infantería da Garda de Seguridade e Asalto, Ricardo Balaca Navarro e o tenente coronel da Garda Civil, Benito de Haro Lumbreras.

A súa idea era atentar contra o pazo do Goberno Civil da Coruña, pero descubriunos o día 18/04/1936 o comandante da Garda Civil, Fernando Monasterio Bustos. Na movida tamén se implicaran o capitán de Artillería, Eduardo Ozores Arráiz; o capitán de Infantería, Ezequiel Román Gutiérrez; o capitán de Enxeñeiros, Ventura Osset e o capitán Xurídico, Tomás Garicano Goñi (enlace co xeneral Emilio Mola Vidal). Tamén se implicaron, en menor medida, o tenente coronel de Infantería, Óscar Nevado Bouza, o capitán médico, Miguel Parrilla Hermida, o capitán de Intendencia, Garnica e o tenente coronel do Corpo de Carabineiros, José Meseguer Marín. Como non, había elementos de Falanxe e das Xuventudes de Acción Popular (XAP).

Descuberta a tentativa, a José Rañal Lorenzo e a Benito de Haro Lumbreras encarceráronos; pronto saíron absoltos.

Golpista.

A maioría destes militares volveron estar vencellados ao golpe rebelde do 18 de xullo de 1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha