Nacemento:
Morte:
Zoqueiro e político, 41 anos. Parella de Anunciación Grandela Novo, tamén procesada. Veciños da Pena, Santa María de Meira, Meira (Lugo).
Encarcerado.
Foi enlace, coa súa parella do guerrilleiro antifranquista Manuel Castro Tellado deste outubro de 1945.
Despois da morte de Castro Tellado o 13/01/1947, as forzas represoras franquistas rexistraron a súa casa o seguinte día 27/02/1947 e prendérono con Anunciación.
Xulgárono en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo o día 30/01/1948 con outras persoas, na causa 99/47, polo delito de axuda a bandoleiros. A sentenza do día 17/02/1948 condenouno a seis anos de prisión menor.
Nesta causa castigaron a dez anos de prisión a Aniceto Díaz Pereira, a seis anos a Modesto López Rodríguez, a cinco anos a Fidel Díaz Pérez, a tres anos a Manuel Pérez Penelas e a un ano e seis meses a Lino Carrera Falcón e a Primitivo Rodríguez Otero. Tamén Procesaron neste xuízo a: Manuel Cobas Rodríguez, José-María Díaz Cortón, América Díaz Pereira, Failde Fernández Teijeiro, Donato Freire Barja, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Anunciación Grandela Novo, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Paxaro Seijas, Ramón Paxaro Seijas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Ríos, José-Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares (Liñares).
Trasladárono á Prisión Central de Xixón (Principado de Asturias) e deixárono en liberdade condicional nesta cadea o 26/08/1951.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.