← Volver atrás

Pérez Penelas, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

San Cibrao de Montecubeiro, Castroverde
(Lugo)
- 06/04/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 29 anos. Casado. Veciños de Maxide, Montecubeiro.

Encarcerado.

Logo da morte de Manuel Castro Tellado o día 13/01/1947 prendeuno a Garda Civil e internárono na Prisión Provincial de Lugo o día 28/02/1947.

Xulgárono en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo o día 30/01/1948 con outras persoas, na causa 99/47, polo delito de axuda a bandoleiros. A sentenza do día 17/02/1948 condenouno a tres anos de prisión menor.

Nesta causa castigaron a dez anos de prisión a Aniceto Díaz Pereira, a seis anos a Modesto López Rodríguez, a cinco anos a Fidel Díaz Pérez, a tres anos a Manuel Pérez Penelas e a un ano e seis meses a Lino Carrera Falcón e a Primitivo Rodríguez Otero. Tamén Procesaron neste xuízo a: Manuel Cobas Rodríguez, José-María Díaz Cortón, América Díaz Pereira, Failde Fernández Teijeiro, Donato Freire Barja, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Anunciación Grandela Novo, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Paxaro Seijas, Ramón Paxaro Seijas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Ríos, José-Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares (Liñares).

Trasladouno a Garda Civil á Prisión Provincial de Huesca o 17/04/1948; despois pasou ao Destacamento Penal de Barasona, Graus (Huesca).

Deixárono en prisión condicional o 01/05/1949 e extinguíronlle a pena o 01/03/1950.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha