Nacemento:
Morte:
Tiña 31 anos.
Militante comunista do PCE en Ourense.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Antifranquista, formou na guerrilla desde o primeiro momento, entre Ourense capital e Ribadavia, e coa misión de enlazar coa dirección comunista en Vigo (Pontevedra).
No verán de 1946 Samuel Mayo Méndez crea a II Agrupación en Ourense do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que se separa da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG); agrupación da que se converte en xefe militar, con Benigno Fraga Pita, Alejandro, como comisario político e delegado do PCE e na que se integran, entre outras persoas, José-María Saavedra Díaz, Pepe; Manuel Rodríguez González; Raúl Castro Cao, o Arxentino, e Manuel Álvarez Novoa.
En Ourense conseguiu achegar ao EGG as partidas de guerrilleiros de Demetrio García Álvarez, Pedro; a de Manuel Álvarez Silva e a de Albino Gómez Rodríguez, o Albino, o Moreiras. Entre as súas accións suliñar a participación directa en todas as accións ofensivas contra os falanxistas da provincia.
O día 16/08/1946 o seu grupo abateu nun enfrontamento ao garda civil Leonardo González Cabra.
Morto nun enfrontamento coa Garda Civil en Bentraces, na estrada Ourense-Celanova, con outro compañeiro de orixe portugués; un terceiro logrou fuxir ferido.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.