Nacemento:
Morte:
Empregado municipal, 32 anos. Veciño da Coruña. Soldado mobilizado no Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica na Coruña. Padioleiro de ambulancias no Centro de Desinfección.
Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL).
Depurado. Executado.
No seu expediente persoal consta destituído o día 31/08/1936 por ser "sujeto de ideas extremistas y desafecto al régimen actual".
Implicárono na tentativa de sublevación nos cuarteis coruñeses do 20/10/1936 e de querer pasar á oficialidade a coitelo.
Xulgado na Coruña polo delito de sublevarse contra os seus mandos co resultado de sentenza á pena de morte.
Pasado polas armas no Campo da Rata, na Coruña, a media tarde e con grande expectación, no cumprimento do artigo 4º do bando declaratorio do estado de guerra.
Fusilaron aos militares de quinta do cuartel de Infantería da Coruña seguintes: Antonio Barreiro Méndez, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide e Manuel Seoane Díaz.
A estes oito homes acusáronos, pola denuncia dun recruta de Santo Estevo de Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña), de planear o asasinato dos oficiais do seu acuartelamento.
Soterrárono o día 24 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Cristóbal Feliú Lourido, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Tomás Longueira Bermúdez, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide, Manuel Pallarés Villares, Melchor Pita Díaz, Adolfo Ponte Rodríguez e Manuel Seoane Díaz.
Certas fontes sinalan o día 25/10/1936 como data do seu pasamento.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.