← Volver atrás

Fernández Fernández, Ángel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 09/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Panadeiro e sindicalista, 34 anos. Casado. Veciño da rúa Estrella, 47 baixo, na Coruña.

Anarquista. Membro do Comité da Confederación Rexional Galaica (CRG). Afiliado ao Sindicato de Panadeiros La Nueva Unión, da CNT. Vicepresidente do Centro de Estudos Sociais Germinal cando se produce o golpe militar e cando era presidente Benito Couceiro Gómez.

Fuxido. Executado.

Ángel figuraba nun informe da Dirección Xeral de Policía “como individuos peligrosos que aún no fueron capturados... huidos o desaparecidos de la localidad, cuyo paradero se desconoce”.

Tamén figura, entre outras persoas, nun segundo informe da Dirección Xeral de Policía no que se indica: “En la prisión de esta capital se encuentran detenidos y algunos de ellos sometidos a procedimiento Militar, los dirigentes del Frente Popular y elementos extremistas siguientes”.

Detido nas operacións da policía represora contra os grupos libertarios clandestinos, que seguiron á aniquilación da cúpula da Federación Anarquista Ibérica (FAI), na coñecida como “Caída das Atochas” do día 10/07/1937.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 1007/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 30/10/1937.

Ditáronse condenas de pena de morte para: Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Ángel Fernández Fernández, Jesús López Cabado e Ricardo Martín González; cadea perpetua para: Juan Aguiar Brandariz; 20 anos de cadea a: Juan Couzo Martín e Manuel Lantes Fernández; a Roberto Seoane Ferreño castigárono a 15 anos.

Fusilárono os golpistas ás 06:00 h na Punta Herminia, da Coruña, pasado polas armas.

Soterrárono o día 9 de marzo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Jaime Baella Pérez, José Brandariz Ramos, Felisardo Brandariz Souto, Marcelino Calviño Pato, Jesús López Cabado, Ricardo Martín González e Cándido Sánchez Rodríguez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.