← Volver atrás

Garcés Arroyo, Santiago

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

Madrid
- 17/06/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Panadeiro, militar e político, 21 anos. Casado. Amigo de Fernando Condés Romero.

Afiliado á Agrupación Socialista (AS) madrileña e ás Xuventudes Socialistas (XXSS). Alférez da "Motorizada" en 1936 e membro do Sindicato das Artes Brancas en Madrid

O na madrugada do día 13/07/1936 Luis Cuenca Estevas, Fernando Condés Romero, Garcés e varios gardas de asalto saíron en varios camións cunha listaxe de falanxistas aos que tiñan que deter. Cuevas, Condés, Garcés e varios gardas de asalto ían no camión número 17. Despois de fracasar na captura de falanxista, algún deles propuxo pasar pola casa de José-María Gil-Robles Quiñones, que se atopaba ausente. Decidiron entón ir á de José Calvo Sotelo, conservador e monárquico e líder de Renovación Española (RE), que quedaba preto de onde se atopaban.

O deputado monárquico Calvo Sotelo protestou cando lle manifestaron que os debía acompañar á Dirección Xeral de Seguridade, dada a súa condición de parlamentario. Diante da presenza de Condés, da Garda Civil, accedeu a saír con eles. Cando non se afastaran máis de 200 metros, fixéronse dous disparos na caluga do político quen faleceu no acto. Os diferentes autores sinalan a Cuenca como o autor deses disparos.

Condés e Cuenca deron conta dos feitos as autoridades socialistas, detivéronos e interrogáronos, xunto cos demais implicados. Condés incluso tiña decidido suicidarse, pero Indalecio Prieto Tuero díxolle que "lle ían sobrar ocasións para sacrificar heroicamente a súa vida na loita que, de xeito inevitable, comezará pronto, dentro duns días ou dentro dunhas horas".

Exiliado.

Despois que comezou a guerra civil, Cuenca e Condés estiveron na fronte da Serra de Madrid, onde se rexistraron as súas morte en combate aos poucos días de comezar a loita.

Garcés sobreviviu aos combates da Serra de Madrid e ingresou na 5ª Brigada Mixta de Carabineiros, acadando o grao de capitán; en maio de 1938 era o subxefe do Servizo de Información Militar (SIM). Durante o seu mandato reforzou a represión na zona republicana sobre anarquistas, derrotistas e quintacolumnistas franquistas. Cara o remate da contenda ascendérono ao grao de maior.

Canto rematou a guerra exiliouse en Francia e, posteriormente, en México o 13 de abril de 1939, onde foi dirixente de Petróleos Mexicanos (PEMEX).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.