Nacemento:
Morte:
Garda civil, 29 anos. Ingresou en 1922 na Academia de Infantería de Toledo. Veterano da Guerra de Marrocos, onde coñeceu a José del Castillo Sáenz de Tejada. En 1928 ingresou na Garda Civil, pasou por Oviedo (Principado de Asturias) e Barcelona e, no ano 1933, destinárono ao Parque de Automóbiles da Garda Civil en Madrid.
Militante do PSOE como o tenente del Castillo e o capitán Carlos Faraudo de Micheo. Tomou parte no intento socialista de outubro de 1934, polo que o procesaron, expulsaron da Garda Civil, codenaron a cadea perpetua e encarceraron. Despois do triunfo da Fronte Popular (FP), amnistiárono e ascendérono a capitán. Como del Castillo e Faraudo, ingresou na Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA) e nas Xuventudes Socialistas (XXSS).
Despois de saír do cárcere exerceu como instrutor da "Motorizada", con del Castillo e Faraudo; esta era unha organización de mozos das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Madrid.
O día 08/05/1936 ao seu amigo Faraudo ferírono de gravidade pistoleiros falanxistas e morreu o día 9.
Ao tenente da Garda de Seguridade e Asalto, José del Castillo, amigo persoal de Luis Cuenca Estevas e de Condés, asasinárono en Madrid o día 12/07/1936 catro pistoleiros non identificados (carlistas ou falanxistas). Nesa noite concentráronse no cuartel da Garda de Asalto de Pontejos, Madrid, varios milicianos socialistas, entre eles Cuenca e o capitán Condés, clamando contra dos asasinatos dos dereitistas.
Na madrugada do día 13/07/1936 Luis Cuenca, Fernando Condés, Santiago Garcés Arroyo e varios gardas de asalto saíron en varios camións cunha listaxe de falanxistas aos que tiñan que deter. Cuenca, Condés, Garcés e varios gardas de asalto ían no camión nº 17. Despois de fracasar na captura de falanxista, algún deles propuxo pasar pola casa de José-María Gil-Robles Quiñones, ausente esa noite. Decidiron entón ir á casa de José Calvo Sotelo, conservador, monárquico e líder de Renovación Española (RE), que quedaba preto de onde se atopaban.
O deputado Calvo Sotelo protestou cando lle manifestaron que os debía acompañar á Dirección Xeral de Seguridade, dada a súa condición de parlamentario. Diante da presenza de Condés, da Garda Civil, accedeu a saír con eles. Cando non se afastaran máis de 200 metros, fixéronse dous disparos na caluga do político quen faleceu no acto. Os diferentes autores sinalan a Cuenca como o autor deses disparos.
Condés e Cuenca deron conta dos feitos as autoridades socialistas, detivéronos e interrogáronos xunto aos demais implicados. Condés incluso tiña decidido suicidarse, pero Indalecio Prieto Tuero díxolle que "lle ían sobrar ocasións para sacrificar heroicamente a súa vida na loita que, de xeito inevitable, comezará pronto, dentro duns días ou dentro dunhas horas".
Morte en combate.
Despois que comezou a guerra civil, Cuenca e Condés estiveron na fronte da serra de Madrid, onde se rexistraron as súas mortes en combate aos poucos días de comezar a loita. Condés participara antes no asalto ao Cuartel de la Montaña. Malferido de gravidade o día 26 de xullo no Alto do León, na Serra do Guadarrama, faleceu tres días despois nun hospital en Madrid.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.