Nacemento:
Morte:
Militar, 35 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo no ano 1919 e no 1922 graduouse de alférez. Veterano da Guerra de Marrocos, onde coñeceu a Fernando Condés Romero; por méritos de guerra acada o grao de tenente. Militante do PSOE como Fernando Condés e o capitán Carlos Faraudo de Micheo.
De ideoloxía socialista.
Destinárono ao Principado de Asturias para reprimir a revolta de outubro de 1934, negouse á represión "Yo no tiro sobre el pueblo", polo que o castigaron a un ano de prisión, ata novembro de 1935.
Despois do triunfo da Fronte Popular (FP) pasa á Garda de Seguridade e Asalto o día 12/03/1936 con destino en Madrid.
Como Condés, ingresou na Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA).
Pertenceu á loxa masónica Augusto Barcia nº 23.
Executado.
Nesta época estaban a producirse continuos enfrontamentos entre xentes das esquerdas e carlistas e falanxistas e unha ola de atentados contra militares da UMRA. Era instrutor da "Motorizada" con Condés, organización xuvenil das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Madrid.
O día 14/04/1936 cando se celebraba a proclamación da II República, producíronse sucesos tumultuosos que acabaron coa vida por mor dun tiro do alférez da Garda Civil, Anastasio de los Reyes. O día 16/04/1936 realízase a condución do cadáver de Anastasio sen autorización aos organizadores para este acto. A comitiva fúnebre disolveuna a Garda de Seguridade e Asalto, que dirixía o tenente José del Castillo, producíndose nos tumultos cinco mortos e 32 feridos. Despois deste altercado, del Castillo converteuse en obxectivo das milicias dereitistas.
O día 08/05/1936 ao seu amigo Carlos Faraudo ferírono de gravidade uns pistoleiros falanxistas e morreu ao día seguinte.
O tenente da Garda de Seguridade e Asalto José del Castillo, amigo persoal de Luis Cuenca Estevas e de Fernando Condés Romero, finou asasinado en Madrid na noite do día 12/07/1936 a mans de catro pistoleiros non identificados (carlistas ou falanxistas) cando se dirixía ao cuartel. Nesa noite concentráronse no cuartel da Garda de Asalto de Pontejos varios milicianos socialistas, entre eles Cuenca e o capitán Condés, clamando contra dos asasinatos dos dereitistas.
Na madrugada do día 13/07/1936 Luis Cuevas, Fernando Condés, Santiago Garcés Arroyo e varios gardas de asalto saíron en varios camións cunha listaxe de falanxistas aos que tiñan que deter. Cuevas, Condés, Garcés e varios gardas de asalto ían no camión nº 17. Despois de fracasar na captura de falanxistas, algún deles propuxo pasar pola casa de José-María Gil-Robles Quiñones, ausente. Decidiron entón ir á de José Calvo Sotelo, conservador, monárquico e líder de Renovación Española (RE), que quedaba preto de onde se atopaban.
O deputado Calvo Sotelo protestou cando lle manifestaron que os debía acompañar á Dirección Xeral de Seguridade dada a súa condición de parlamentario. Diante da presenza de Condés, da Garda Civil, accedeu a saír con eles. Cando non se afastaran máis de 200 metros, fixéronse dous disparos na caluga do político, quen faleceu no acto. Os diferentes autores sinalan a Cuenca como o autor deses disparos.
Condés e Cuenca deron conta dos feitos as autoridades socialistas, detivéronos e interrogáronos xunto cos demais implicados. Condés incluso tiña decidido suicidarse, pero Indalecio Prieto Tuero díxolle que "lle ían sobrar ocasións para sacrificar heroicamente a súa vida na loita que, de xeito inevitable, comezará pronto, dentro duns días ou dentro dunhas horas".
Despois que comezou a guerra civil, Cuenca e Condés estiveron na fronte da serra de Madrid, onde se rexistraron as súas morte en combate aos poucos días de comezar a loita. Condés participara antes no asalto ao Cuartel de la Montaña.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.