Nacemento:
Morte:
Labrego, 61 anos. Casado con Amalia López Ojea, asasinada con el. Veciños de Soulecín. Pai de Domingo Rodríguez López, o Xirolo, Inca, Rogelio Rodríguez López, Sebastián Rodríguez López e Alfonso Rodríguez López, o Galego, fuxidos ao monte despois do asasinato dos seus pais e que caerían en combate contra das forzas franquistas entre 1941 e 1949. Pai tamén de Consuelo Rodríguez López, Chelo, e Antonia Rodríguez López, que actuaron como axentes do Servizo de Información Republicano (SIR) e como enlaces da guerrilla, estiveron presas en varios cárceres e que cando a súa vida se puxo en perigo real, tamén escaparon ao monte.
Despois do nacemento dos seus dous primeiros fillos, Francisco e Rogelio, Domingo emigrou a Cuba de onde volvía a miúdo, retornando definitivamente no ano 1928. Os cartos da emigración permitíronlles levar unha vida axeitada.
Paseado.
Morte rexistrada no Barco de Valdeorras, sen que se mencione a causa da súa morte.
Asasinado coa súa dona en Soulecín por un pelotón de lexionarios que mandaba o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano.
Soterráronos nunha fosa común en Sampaio, Soulecín.
O lexionario que se encargou da súa execución a tiros foi o xixonés Luis Zarracina Rodríguez, quen sería axustizado o día 13/05/1940 por Rogelio e Sebastián, fillos do matrimonio morto.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.