← Volver atrás

Acevedo Veiga, Julio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Portugal
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 10/07/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 30 anos. Compañeiro de Alicia Dorado Viso. Veciños da Coruña.

Afiliado á CNT. Colaborador do semanario Solidaridad Obrera. Membro da Federación Anarquista de Portugueses Exiliados e da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Voceiro da Confederación Rexional Galaica (CRG).

Morte en enfrontamento.

Despois do golpe militar participou nas actividades clandestinas libertarias.

Morte rexistrada na Coruña a causa de disparos de arma de fogo. Asasinado ás 21:00 h na casa da súa parella Alicia Dorado Viso, na rúa do Carme, 6 faiado, na Coruña, xunto coa propia Alicia, nos sucesos de xullo de 1937 contra a reorganización das FAI na cidade herculina. Falecido por disparos de arma de fogo.

Despois da detención ese mesmo día de madrugada de José González González, secretario da FAI, quen interrogado e torturado polos represores, descubriu a casa de acollida de Alicia Dorado Viso, o que deu lugar á coñecida como “Caída das Atochas”.

A Julio acollérano nesta casa xunto a Antonio Fournerakis, el Viejo, que tamén finou na mesma acción.

Morreu nas accións derivadas do día da “Caída das Atochas”, cando a casa onde se acubillaba a asaltaron as forzas represoras. Con el finaron nesta operación Alicia Dorado Viso, José Valeiro Caramés e Antonio Fournerakis.

Soterrárono o día 11 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Argimiro Aradas Leiro, Fernando Caamaño Pérez, Alicia Dorado Viso, Manuel Fernández López, Antonio Fournerakis, José-Santiago García Rey, Francisco González Agilda, Delfino Liñeira Fraga, Francisco Meizoso Veiga, Carlos Míguez Díaz, Rotilio-Enrique Naya Rodríguez, María Otero González, Domingo Rey Lago, José Rodríguez, Manuel Rúa Losada, Luis Rufilanchas Salcedo, Genaro Ruano Sanjurjo, José Valeiro Caramés e Nicolás Veiga Núñez.

No rexistro do cemiterio aparece cono Julio Acevedo Valeiro.

Algunhas fontes cítano como Acebedo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha