← Volver atrás

Allegue Caruncho, Carlos

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Sancionado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 06/10/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ferrol
- 27/07/1951 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 32 anos. Casou no ano 1926 Josefa Iglesias Deibe; tiveron dous fillos: Carlos Allegue Iglesias, morto en enfrontamento, e Juan-Antonio Allegue Iglesias, encarcerado. Infante en Ferrol, condestable do Terzo Norte da Infantería de Mariña.

Militante do PCE.

Depurado. Sancionado. Morte en enfrontamento.

Era un dos principais “legais” dos comunistas na bisbarra de Ferrol. Tiña o seu domicilio na rúa Frutos Saavedra, 107 baixo, en Ferrol.

Despois do inicio da guerra, en xaneiro de 1937, tivo que presentarse diante dun “tribunal de persoas honorables” para amosar a súa adhesión ao Réxime e despois de que participara no asalto ao cuartel do barrio de Caranza, en Ferrol.

Expulsárono do Exército e, por unha orde do día 29/05/1941, desterrárono a León.

De regreso en Ferrol en 1943, organizou unha célula comunista entre os militares de Ferrol, dentro do Terzo Norte da Infantería de Mariña e, coa información que lles facilitou a un grupo de guerrilleiros, cometeuse un asalto ao Cuartel de Caranza para apoderarse de catro fusís, munición e correaxe.

A primeiros de 1947 era comisionista de viños, azafráns e outros artigos. A raíz da detención na Coruña de Alejandro Gama Casalderrey a primeiros de 1947, a Policía Armada soubo que era un dos máximos responsables e dirixente do PCE de Ferrol; era o secretario de organización do PCE ferrolán. Arrestado en 1947.

Xulgado nun consello de guerra sumarísimo no salón de actos da Agrupación de Sanidade Militar da Coruña o día 30/07/1947, xunto con outras 55 persoas detidas entre finais de 1946 e primeiros de 1947, na causa 36/47, acusados de pertencer ao PCE, de relación coa guerrilla e de dirixir os actos deste brazo armado, de organización política ilegal e de reparto de propaganda subversiva.

No sinalado xuízo condenaron a cadea perpetua a: Alejandro Gama Casalderrey e Ramón Seoane Suárez; pena de 15 anos de cadea para José Pol Loriga; condenaron tamén a prisión dun ano a Timoteo Blanco Abal; castigaron á cadea a Rogelio González Suárez. Procesaron tamén, entre outras persoas, a: Adolfo-Cipriano Allegue Allegue, Carlos Allegue Caruncho, Juan Añón Santos, Darío Caramés Bermúdez, Ángel Chamorro Castro, Benigno Fraga Pita, Agustín González Aneiros, David Lázaro Fernández, Ángel Leira Piñeiro, Juan López Iglesias, Manuel Martínez Martínez, José Méndez Méndez, Antonio Naya Regueira, José Otero González, Severino Pan Cupeiro, Francisco-Andrés Pol Loriga, Eduardo Rodríguez Paz, Antonio Vidal Vilas e Emilio Villar Villar.

Fuxiu da cidade e ingresou na guerrilla como comisario político da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) cando a lideraba Francisco Rey Balbís, Moncho.

En 1951, tras da caída dos refuxios da guerrilla da zona de Oleiros, Allegue, enfermo, viúvo e perdendo a vista, procurou refuxio na súa casa, na rúa María, en Ferrol, negándose a marchar coa dirección do partido en maio de 1951.

As 07:30 h do día 27/07/1951 a Garda Civil, ao mando do capitán Aurelio Varela, acordoou unha mazá da rúa Frutos Saavedra, en Ferrol, pois sabíase que el se achaba no número 159. Entraron na casa ás 08:00 h disparando sen máis. No tiroteo morreu este dirixente comunista xunto co seu fillo maior Carlos Allegue Iglesias (21 anos), asasinado a tiros ao abrir a porta da casa. Ao seu fillo Juan-Antonio Allegue Iglesias (17 anos), arrestárono. O pai tiña unha pistola Star de nove mm segundo o informe policial.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.