Nacemento:
Morte:
Militar, 63 anos. Casou coa alavesa Elvira Martínez de Larrea; tiñan unha filla e un fillo: Elvira e Domingo. Veciños de Burgos. Ingresou na academia militar en 1887. En 1895, como tenente, estivo voluntario na Guerra de Cuba e acadou o grao de capitán por méritos de guerra. Era xeneral de brigada en 1925. Despois do Desastre de Annual (Marrocos), escribiu un informe sobre os altos mandos do exército español en Marrocos, onde Francisco Franco Bahamonde non quedou moi ben parado.
Nos primeiros momentos da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja aceptou o novo réxime, pero en 1926 detivérono e acusárono de complicidade no intento de golpe militar coñecido como a "Sanjuanada", por producirse nesa data; absolto.
Ao proclamarse a II República destinárono como capitán xeral a Cataluña e xeneral en xefe da IV División Orgánica. Cando se produce a insurrección da Generalitat de Cataluña, o día 06/10/1934, o presidente do Goberno Alejandro Lerroux García ordenoulle que declarase o estado de guerra. Os insurrectos rendéronse e prendéronos. Batet conseguiu controlar a situación co mínimo de destrución e violencia; aínda así recibiu ataques dos dous lados.
En marzo de 1935 nomeárono xefe do Cuarto Militar do Presidente da República, Niceto Alcalá-Zamora Torres. Cesou a petición propia o día 13/06/1936 e designárono xeral en xefe da VI División Orgánica de Burgos. Tomou posicións contra da sublevación e o día 16/07/1936 entrevistouse co seu subordinado, o xeneral Emilio Mola Vidal, quen lle deu a palabra de que non participaría no golpe.
Executado.
Ao non poñerse á fronte dos sublevados en Burgos, detivérono os seus subordinados golpistas.
Xulgado en consello de guerra, condenado á pena de morte e fusilado, a pesares das xestións dos xenerais Gonzalo Queipo de Llano Sierra e Miguel Cabanellas Ferrer, que eran amigos. Franco tomaba así vinganza da pena de morte que Queipo de Llano estendera contra do xeneral Miguel Campíns Aura.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.