← Volver atrás

Blanco Lucio, Manuel

Alcume: Lucio
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

lugar descoñecido
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 30 anos. Veciño de Folgoso do Courel (Lugo).

Vogal de Unión Republicana (UR) en Seoane, Folgoso do Courel.

Fuxido.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito auxilio á rebelión, na causa 1004/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Proceso contra veciños de Folgoso do Courel e do Incio.

A sentenza condenou a cadea perpetua a Juan Chaos Díaz; a 20 anos de cadea a Antonio Gómez Núñez e a Victorino Novo Fernández; a 12 anos a Vicente-Manuel Expósito Estévez e a Manuel Novo López; a seis anos a Manuel Rodríguez Valcárcel; tamén condenaron a prisión a Lorenzo Arias Fernández. O mesmo auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, Manuel Cela Macía, José-María Díaz Marzábal, Lisardo Jato Campo, Manuel López López, Manuel Novo Fernández, Jesús Núñez Rodríguez e Mavilo Sotuela Vila.

Xulgado en Lugo polos delitos de rebelión, atraco e o asasinato de Serafín Rivera Simón, na causa 104/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Neste proceso condenaron á pena de morte a Mavilo Sotuela Vila, logo conmutada pola de cadea perpetua; condenaron a 20 anos a Manuel Arias Fernández e a prisión temporal a Jesús Santín López. O auto declarou fuxidos a: Manuel Blanco Lucio, José-María Díaz Marzábal, Jesús Núñez Rodríguez e Amador Santín López.

Tamén o procesaron en Ligo polo delito de auxilio á rebelión (roubo) na causa 853/37.

Procesárono por responsabilidades políticas e indultárono no ano 1941 e no ano 1961.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha