← Volver atrás

Carnero Valenzuela, José-Eduardo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Rianxo
(A Coruña)
- 01/01/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor, farmacéutico e político, 30 anos. Veciño de Santiago de Compostela. Licenciado en Ciencias e Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor axudante Química na Facultade de Ciencias da USC. En 1935 aproba as oposicións para profesor de instituto na rma de Ciencias.

Militante do Partido Republicano Federal de Esquerda Galega na II República.

Encarcerado. Depurado.

Cando se produce o golpe militar estaba en Bandeira, San Tirso de Manduas, Silleda (Pontevedra), na casa duns familiares, e ao saber do movemento faccioso trasladouse a Santiago de Compostela.

Nos primeiros momentos do alzamento militar o Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela púxoo á fronte de Unión Radio Galicia desde onde se emitiron proclamas na defensa da República. Cando as tropas golpistas saíron ás rúas ordenou evacuar a emisora. Marchou de novo para Bandeira e o día 27/07/1936 arrestouno unha patrulla militar.

Xulgado o día 19/11/1936 en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de traizón, na causa 231/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Xuízo contra os 12 membros do Comité de Defensa da República da Fronte Popular (FP) en Santiago de Compostela.

O tribunal condenou neste caso á pena de morte a: Fernando Barcia Beiras, José-Eduardo Carnero Valenzuela, Rafael Frade Peña, José Germán Fernández, Luis Martínez Nouche, Manuel Maroño Calvo, Rafael Pardo Carmona, Modesto Pasín Noya, Francisco Ponte Ces e Luis Rastrollo González; castigaron a cadea perpetua a: Jesús-Juan Lema Lema, Marcial Pérez Martínez e Jesús Vieiro Gómez.

Indultado a última hora por orde expresa de Francisco Franco Bahamonde. Pena conmutada pola de cadea perpetua e, co tempo, pola de doce anos e un día de cadea.

Depurado e separado do seu cargo de profesor.

Pasou pola Prisión Provincial da Coruña e, despois, internárono no Destacamento Penal das Minas de Silleda (Pontevedra); publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 240 do día 28/08/1943.

Casou no ano 1945 con Conchita Ríos Chicharro.

Trasladáronse a Rianxo e rexentou unha botica.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.