← Volver atrás

Castelo Pérez, Fernando

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Barbeiro, 18 anos. Solteiro. Veciño da San Pedro de Visma, na Coruña.

Encarcerado. Exiliado.

Foi un dos participantes no intento de Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña, para preparar unha evasión masiva. Fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE , do PSOE, de IR... Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon 27 persoas (a 19 delas fusiláronas máis tarde). Moitos guindáronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura de fuxida; 4, polo menos, afogaron.

Morreron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don e un descoñecido de iniciais L.C.G.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.

Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 fusiláronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez un mes antes, o día 11/09/1937.

Condenaron á pena de morte no ano 1938 a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; pena conmutada pola de cadea perpetua.

Castigaron á pena de cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.

Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e a Carlos Pérez Fontenla, empregado.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Concedéuselle o réxime de prisión atenuada a finais de xuño de 1940.

Segundo fontes familiares emigrou a Australia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.