← Volver atrás

Díaz Cernadas, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Cee
(A Coruña)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Fogueiro, 32 anos. Casado. Veciño de Cee.

Encarcerado.

Participou na folga xeral en Cee despois do golpe militar, seguindo as ordes dadas desde o Goberno Civil da Coruña para o caso de que os golpistas promulgaran o estado de guerra.

Prendérono os franquistas e ingresárono na Prisión Provincial da Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 1112/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do día 21/08/1936.

No sinalado xuízo o tribunal condenou á pena de morte a: Florentino Canosa Barreiro, Jesús Chouza Figueiras, Manuel García Castiñeira, José Lago Fernández, Domingo López Domínguez, Teófilo Mejuto Leis, Norberto Recamán Lago e Perfecto Trasmonte Costa; castigaron coa cadea perpetua a: José Díaz Cernadas, Jacobo González Mosquera e Antonio Sambade Caamaño; pena de 12 anos e un día para Vicente Mejuto Leis; ditaron sentenza de sobresemento para: Jesús Fernández Rodríguez e Manuel Lago Domínguez; declararon fuxido a Victoriano Blanco Fiuza.

Ingresado na prisión do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra) o día 06/02/1937.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña e concédeselle a prisión atenuada o día 11/09/1940.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha