Nacemento:
Morte:
Labrego, canteiro e político, 24 anos. Solteiro. Veciño de Vilagarcía de Arousa. Irmán de Manuel Diz Fuentes, paseado.
Militante da CNT.
Encarcerado. Exiliado.
Detido polos sublevados despois de producirse o golpe militar.
Xulgado en consello de guerra en Pontevedra o día 21/01/1937 polo delito de auxilio á rebelión, con outros republicanos da súa vila, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
No mesmo procedemento xulgaron a: Manuel Abalo Lamas, peón; Luis Bouza-Brey Trillo, avogado e escritor; José Caneda Blanco, labrego; Dámaso-Luis-Ramón Carrasco Duaso, xornalista; Rogelio Diz Fuentes, labrego Luis Diz Reimúndez, labrego; Luis Doeste Mariño, canteiro; Laureano Fernández Caamaño; Manuel Fernández Oubiña, labrego; José-Manuel García González, zapateiro; Eugenio Lamas Bugallo, canteiro; Antonio Názara Pesado, mariñeiro; Aurelio Parejo González, empregado; Germán Quintela Novoa, médico; Manuel Rey Urcera, labrego; Daniel Robado Castro, empregado; Tomás Romero Vidal, labrego; Manuel Teira López, estudante; José-Manuel Urcera Barros, xornaleiro; José Vidal Bugallo, panadeiro, e Salvador Vidal Fontán, metalúrxico.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).
Trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra), onde ingresa o 16/05/1937. Participou no intento de fuga masiva (da que foi o autor do himno) do día 22/05/1938. Capturárono os requetés o día 24.
Foi o compositor da letra do himno desta fuga “Camarada, ya se abrieron las puertas...”.
Puxérono en liberdade o día 02/09/1940 por conmutación da pena ordinaria na comisión de exame de penas de Pontevedra.
Exiliouse en México como mariñeiro do buque Villanueva, que abandonou no porto do Progreso de Castro, Yucatán (México).
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.