← Volver atrás

Docal Breijo, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

Cariño
(A Coruña)
- 01/01/1904 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 32 anos. Veciño de Cariño.

Militante da CNT e membro do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) de Cariño desde 1935.

Fuxido. Exiliado.

Cando se produce o golpe de Estado dos militares houbo enfrontamentos en Cariño ata o día 23/07/1936. Cando todo se perdera para os republicanos, 38 persoas, case que todas do SIP de Cariño, da CNT, decidiron secuestrar o boniteiro Arkale, de Pasaia (Guipúscoa), que ao pescar na zona amarraba no peirao de Cariño. A idea era navegar ata o porto de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia).

Saíron na noite do 23 ao 24 de xullo e chegaron a Francia 36 horas despois. Foron ben recibidos e entregaron á beneficencia francesa os 2500 kg de peixe que levaban a bordo. Solicitaron das autoridades francesas o reingreso en territorio leal e o día 01/08/1936 cruzaban a España por Hendaia, Irún (Guipúscoa).

Entre os 38 fuxidos estaban: Vicente Cariño Pérez, mariñeiro; Evaristo Casas Dopico, mariñeiro; Manuel Docal Breijo, mariñeiro; Marcial Fernández Vázquez, mestre; Emilio Fuentes Villarnovo, fogueiro; José-Amable Hevia Fraguela, mariñeiro; Manuel Novo González, mariñeiro; os irmáns Francisco Pedruelo Tenreiro, mariñeiro, e José Pedruelo Tenreiro, mariñeiro; Vicente Pérez Pena; os irmáns José Pita Armada, mariñeiro, Vicente Pita Armada, mariñeiro, e Manuel Pita Armada, sindicalista; Manuel Ramos Escariz, mariñeiro; José Suárez Hermida, mariñeiro, e Manuel Rodríguez Lago, o Roxo de Viveiro, mineiro.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Tivo sorte de conseguir praza no Winnipeg para viaxar de Burdeos (Nova Aquitania, Francia) a Chile. Saíron de Francia o día 04/08/1939 e chegaron a Valparaíso o día 02/09/1939.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha