Nacemento:
Morte:
Mineiro, 23 anos. Casado con Adonina Vázquez García; tiña un fillo: Justo-Tomás.
Afiliado ás Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU). Militante do PSOE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Miliciano do exército republicano no Principado de Asturias, acadou o grao de capitán no 216º Batallón de Infantería.
Tempo despois estivo nos grupos de guerrilleiros do Bierzo (León).
A finais do ano 1939 formou parte do grupo de oito socialistas, que capitaneados por Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, tentaron acadar Porto (Portugal) para escapar da represión dos golpistas. Compoñían a partida: Gafas; Tomás Fernández Castro, Capitán Fantasma; Manuel-Luis Gómez Bueno, Pambarato; Aladino Suárez González, Aladino; Ovidio González Vázquez, o Pollón; Amador Pello Bárcena; José-Benjamín Pello Bárcena e Ángel Rodríguez Saldaña.
Diante das presións da policía portuguesa, tiveron que regresar á provincia de Ourense e, moitos deles, de alí pasaron outra vez ao Principado de Asturias na procura de armas.
No verán de 1940 Gilberto Cuadrado Soto, Gipi, pasou a Portugal cun importante grupo de guerrilleiros coa intención de acadar Porto; eran uns vinte.
Na viaxe cara Portugal, cando descansaban en Primout entre o gando lanar, un pastor denunciou á Garda Civil de Páramo de Sil a presenza dos fuxidos na zona. No posterior enfrontamento perdeu a vida Tomás Fernández, cando protexía a retirada dos seus compañeiros.
Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de Primout.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.