← Volver atrás

Fernández Valle, Manuel

Alcume: Portafondón
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mineiro. Veciño de Palas de Rei (Lugo). Mozo de Carmen Rouco Mosteiro coa que casou por poderes cando el xa estaba no exilio. Manuel estivo emigrado en Cuba, onde tomou contacto co sindicalismo; cando regresou organizou a Sociedade Labrega de Palas de Rei.

Militante da CNT cando traballaba de mineiro.

Prendérono e encadeárono por mor da folga de outubro de 1934.

Fuxido. Exiliado.

Despois do alzamento incorporouse a III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), no grupo de Marcelino Rodríguez Fernández, Marrofer, nas zonas de Melide (A Coruña) e Alto Ulla.

Colaborou coa Partida de Curuxás, que lideraba Ramón Rodríguez Varela, Curuxás, ao que puxo en contacto coa III Agrupación.

Por este grupo pasaron: Hilario Arroyo Medina, Medina; José-Luis Castro Veiga, o Piloto; José Díaz; Manuel Fernández Valle, Portafondón; Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Celestino Horta Resúa; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Avelino Méndez Suárez, Asturiano; Lisardo Núñez; Guillermo Paredes Viñas, Guillermo da Canteira; Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; Abdón Telesforo Vázquez e José Vázquez Otero.

Xefe de partida; en ocasións integrouse nas agrupacións guerrilleiras dos comunistas.

Puido escapar de España e, co tempo, exiliouse en Bos Aires, na República Arxentina.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha