Nacemento:
Morte:
Militar, 55 anos. Mariño da Armada, capitán de navío. O día 15/07/1936 toma o mando do acoirazado Jaime I en Santander (Cantabria) por sospeitar o Goberno de que o seu antecesor, o capitán de navío Julio Iglesias Abelaira, estaba involucrado cos golpistas. O novo comandante era descoñecido para a mariñeiría e de pouco fiar para a oficialidade.
A primeiros de xullo os rebeldes Tomás Garicano Goñi e Joaquín-María Otero Goyanes, da VIII División Orgánica, visitaron o acoirazado para atraer a oficialidade cara a revolta.
Encarcerado. Depurado.
O día 17 de xullo recibe orde, cando carga carbón en Vigo (Pontevedra), de saír cara Cádiz e de bombardear o Arsenal da Carraca e as dependencias militares, pois a cidade caera nas mans dos fascistas. A oficialidade rebelde do barco, que dirixía Carlos Aguilar-Tablada Tejón, contactou con García del Valle para ver si podían contar con el e pedíronlle que tomara medidas contra os posibles rebeldes republicanos e que non abandonara Vigo; o comandante non lles fixo caso, cousa que a mariñeiría soubo o que acabaría por salvarlle a vida. Tanto a oficialidade como, por outra banda, a mariñeiría que sospeitaba dos seus mandos tentaron facerse co control do buque. Ás 02:10 h do día 20 de xullo o acoirazado faise ao mar.
Os radiotelegrafistas conseguiron contactar con Madrid e comunicar as súas sospeitas; o radiotelegrafista de Ciudad Lineal, en Madrid, Benjamín Balboa López, contesta “no aguardeis más”. Na mañá do 20 de xullo, dirixidos, entre outras persoas, polo auxiliar 2º de artillería, Antonio Antúnez Aguilar, a mariñeiría achegouse á ponte de mando para solicitarlle ao comandante que entregara o buque “por orden del Gobierno de la República”. A oficialidade da ponte, agás o comandante, fixeron fronte; morreron o capitán de corveta Carlos Aguilar-Tablada e o tenente de navío José Cañas Arce; feriron ao tenente de navío José-María Otero Goyanes e ao alférez de navío Carlos Falquina García de Pruneda.
Controlado o buque polos leais, toma o mando Antonio Antúnez e diríxense a Tánxer (Marrocos). García del Valle, ao que ofreceron o mando, refusou por carecer de oficialidade, polo que o encadearon co resto dos oficiais superviventes. Poucos días despois morría Falquina por mor das feridas, mentres que Otero Goyanes lograba fuxir e pasar á zona nacional.
Cando o día 23 de xullo o barco abandona Tánxer camiño de Málaga, liberaron ao comandante García del Valle, ao capitán de máquinas Tomás Acción Golpe, ao tenente maquinista Ricardo Castro Calvelo e ao capitán médico José-A. Solana Gutiérrez de Solana.
Os republicanos sometérono a consello de guerra en Murcia polo delito de rebelión co resultado de sentenza de absolución.
Despois exerceu cargos burocráticos e de pouca importancia, entre eles o de xefe da Sección de Persoal do Ministerio de Mariña e Aire.
Rematada a guerra civil xulgárono os rebeldes co resultado de sentenza á pena de morte e perda do emprego.
Pena conmutada pola de cadea perpetua.
Procesárono por responsabilidades políticas en Oviedo (Principado de Asturias) e indultárono no ano 1957.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.