← Volver atrás

García Fernández, Pedro

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Muros
(A Coruña)
- 01/01/1913 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Estudante, 23 anos. Veciño de Muros.

Militante da UXT e dirixente de La Unión de Trabajadores de Mar y Tierra.

Fuxido. Encarcerado.

Fuxiu e combateu no exército republicano durante a guerra civil.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 952/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O tribunal militar declarou fuxidos neste procedemento a: Rogelio Belso N., Manuel Blanco Sanluis, José Cruz Martínez, Manuel Fernández Louro, Adelino Freire Pedrosa, Pedro García Fernández, Severino Iglesias Siso, Abelardo López Lousame, Juan Malvárez Baamonde, Juan Malvárez Pérez, Fermín Maneiro Becerra, Maximino Martínez Fernández, Germán Martínez Filgueira, Juan Martínez Vidal, Manuel Mayo Fernández, Luis Moares Martínez, José Muñiz Amado, José Neu Maroñas, José-Jesús Nimo Castaño, José Pedreira Bures, Manuel Pérez Antelo, Francisco Pérez Barbazán, Francisco Pérez García, Eduardo Pérez Martínez, Manuel Ramos, Manuel Romero N., José Sendón Sendón, José Tobío Mayo, Manuel Tobío Romaní, Miguel Vázquez Valiño e José Veloso Mayo. Ditaron auto de sobresemento para Manuel Rivas Tuñas.

Prendérono as tropas fascistas.

Retómase o seu procesamento co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 205 do día 24/07/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha