Nacemento:
Morte:
Funcionario, 37 anos. Casado. Veciño da rúa Arce, 13-1º, en Ferrol (A Coruña), en xullo de 1936. Era xefe de Intervención Civil en Ferrol. En 1916 ingresou na Armada, pasa ao corpo de maquinistas en 1917 e era 2º maquinista en 1931. Maquinista da Armada retirado. No ano 1932 ingresou por oposición no Corpo de Intervención Civil da Mariña. A súa irmá Otilia estaba casada co radiotelegrafista da armada Benjamín Balboa López.
No ano 1926 era membro da masonería, onde acadou o grao 33, o máis alto, na loxa Breogan nº 16 de Ferrol.
Afiliado na Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e despois en Esquerda Republicana (ER). Amigo íntimo de Santiago Casares Quiroga, que o nomeou Secretario no Ministerio da Mariña.
Fuxido. Exiliado. Encarcerado.
O comezo da guerra civil sorpréndeo de permiso na Coruña, na casa da súa nai, na rúa da Gaiteira, 3-2º.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de sedición co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Foxe na evasión do bou Tiburón cun grupo de republicanos desde Ferrol e cara Francia, o día 10/08/1938, data na que asaltaron o barco en alta mar, ameazaron á tripulación e conduciron o bou ao porto francés de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia), onde chegaron o día 13 de agosto. A fuga organizárona xentes de El Despertar Marítimo, vencellada a CNT da Coruña.
Fuxiron 24 mariñeiros galegos, aos que repatriaron de xeito inmediato; 14 mariñeiros da tripulación e oito asaltantes chegaron en tren a Barcelona e dous dos tripulantes volveron a Galicia por Irún (Guipúscoa).
Entre os fuxidos estaban os coruñeses: Ángel Chas González; Américo Gómez Carro, fontaneiro; Arturo Moreno Torres, zapateiro; Manuel Pérez Agrelo, mariñeiro, e Manuel Varela Sande. Os ferroláns Epifanio García González, funcionario; Manuel Gen Canosa, militar, e Saturnino Pita Fontenla, mariñeiro. Os veciños de Noia (A Coruña): Luis Louro García, mariñeiro e o seu irmán Ramón Louro García; Manuel Oviedo Piñeiro, mariñeiro; Manuel Suárez Abeleira e Ramón Villar Blanco, mariñeiro. Ramón Gómez Lage, propietario de Ortigueira (A Coruña). Francisco Insua López, patrón de pesca, de Viveiro (Lugo). Francisco Lago Rodríguez, político, de Muros (A Coruña). Luis Otero López, maquinista naval de San Salvador de Teis, Vigo (Pontevedra). Manuel Palmeiro Romero, de Miño (A Coruña) e Gerardo Torreiro López, mestre, de Arzúa (A Coruña).
Volveu á zona republicana ata o fin da contenda.
Ao remate da guerra civil pasou a Francia e estivo no campo de refuxiados de Argelès-sur-Mer (Pireneos Orientais, Occitania, Francia).
Procesárono no Tribunal Especial para a Represión da Masonería e o Comunismo, en ausencia, e condenárono a doce anos e un día de cadea.
No ano 1950 pasou ao exilio en Venezuela, onde foi profesor de náutica de 1956 a 1959.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.