Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 28 anos. Solteiro. Veciño de Cabral.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Loitou contra os militares rebeldes nas barricadas de Lavadores, en Vigo.
Desertou do exército franquista.
Formou un grupo de fuxidos, que foi o único grupo estable de Pontevedra que chegou a converterse nunha partida guerrilleira.
En 1938 organizou a partida co seu irmán José García Molares; Ramón Pereira Antelo, o Parrillero, zapateiro; Manuel Simón Campos, o Xanote, de Cabral; Manuel Rodríguez Fernández, o Coxo de Cabral; Guillermo Santos Caride, o Quique; Luis Blanco López; Julio Guillén Biel, o Biel; Vicente Guillén Biel, José-Luis Quintas Figueroa, Quintas; Diego Valero González; Delmiro Barreiro Cubeiro e varios máis, actuando na zona de Cabral.
Xulgado en varias causas en Vigo co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Nos primeiros meses fixeron varios golpes económicos e tomaron represalias contra os colaboradores do Réxime. Grupo guerrilleiro ao que se incorporou en 1939 o militante comunista Claudio Rodríguez Vázquez, Penis, Crispín, e tamén Jesús Lago González, Petrillas. O grupo integrábano comunistas e anarquistas.
A José García Molares, acusárono da morte do garda xurado, Manuel Pereiro Bernárdez, coa participación tamén de Julio Guillén Biel, o Biel, Ramón Pereira Antelo e José-Luis Quintas Figueroa.
O día 16/10/1939 ao seu grupo rodeouno a Garda Civil en Vilar de Infesta cando asaltaban o domicilio dun falanxista, o Casas. A Rogelio feriuno de gravidade o disparo accidental do seu compañeiro Petrillas; logo rematouno outro compañeiro. O resto dos guerrilleiros conseguiu escapar.
Morte rexistrada por mor dunha hemorraxia interna e destrución da masa cerebral.
O seu cadáver apareceu na Millarada, Vilar de Enfesta.
Logo da súa morte o seu irmán José reorganizou o grupo, que xa controlaba Manuel Simón Campos, Xanote.
Segundo Bernardo Máiz, Rogelio morreu en outubro de 1939 no ataque a Constante Chas, dono dun serradoiro en Vilar de Infesta, Redondela, e destacado expertos en dar o paseo ás persoas das esquerdas, que se sabía na listaxe negra da guerrilla; Constante reaccionou ao asalto e matou a Rogelio.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.