Nacemento:
Morte:
Estudante, 17 anos.
Militante do PSOE.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Loitou nas milicias republicanas desde maio de 1937 no 229º Batallón Asturias; despois da caída do Principado de Asturias, andou fuxido e no ano 1940 decidiu escapar cara Portugal cun grupo de asturianos.
O día 30/06/1940 houbo un combate entre forzas regulares e un grupo de fuxidos asturianos en Lomba, Benuza (León). Este grupo estaba, que encabezaban Guillermo Morán García e Mario Morán García, César Ríos Rodríguez e Arcadio Ríos Rodríguez, contactaron en Lomba con membros do grupo de Girón, entre os que se contaba Domingo. Algúns dos asturianos marcharon para reunirse con Girón e outros quedaron a descansar en Lomba.
Un continxente de regulares e falanxistas rodeou a casa de Lomba, onde se agochaba os asturianos Arcadio Ríos Rodríguez e Valentín García Sánchez, Morringa, e o veciño da Cabreira (León) Domingo Valle Cañal e o leonés Manuel Blanco Pascual. Iniciado o enfrontamento os dous asturianos puideron fuxir, acompañados de Laura Blanco Rodríguez, dona da casa, e do seu fillo Manuel-Jesús López Blanco. A Domingo Valle prendérono con vida e morreu ao pouco por mor das feridas. Manuel Blanco, gravemente ferido foi quen de saír do cerco, pero detivérono despois, torturárono e asasinárono no mes de xullo en Sigüella, Benuza.
A segunda tentativa de escapada por Portugal dos fuxidos asturianos encabezouna o comunista Víctor García García, o Brasileño. Entre este numeroso grupo inclúense Claudio Pousa Marqués e o seu pai.
Ao grupo atacouno, preto da fronteira portuguesa, as forzas represoras españolas en Porto Quintela e no combate morreron Claudio Pousa Marqués, Joven, e Valentín García Sánchez, Morringa.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.