← Volver atrás

González Mathe, Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Astorga
(León)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Camareiro, 34 anos. Casado con Olimpia Prego López, procesada por recoller cartos no Bar La Oficina da Coruña por cotizacións clandestinas. Veciños da Coruña. Camareiro no Café Galicia.

Militante da CNT. Presidente do Sindicato de Camareiros La Herculina, da Coruña; ocupou cargos dirixentes de 1933 a 1936.

Fuxido. Encarcerado.

Foi un dos participantes no intento de Fuga do Portiño (A Coruña) na noite do 3 ao 4 de marzo de 1937.

O día 03/03/1937 os dirixentes de El Despertar Marítimo convocaron unha reunión no monte de San Pedro, na Coruña para preparar unha evasión masiva. Fálase de que se implicaran unhas 100 persoas da CNT, da FAI, das XXLL, do PCE , do PSOE, de ER... Posiblemente por mor dunha delación, a Garda Civil rodeou a zona e prenderon a 27 persoas (a 19 fusiláronas máis tarde). Moitos guindáronse ao mar, desde moita altura, nunha última procura da liberdade; catro, polo menos, afogaron.

Morreron afogados: Emilio Rodríguez Doldán, Xanetas, empregado; Genaro Pazos Maceira, xornaleiro; Manuel Doldán Don e un descoñecido de iniciais L.C.G.

Ás persoas que prenderon os represores xulgáronas en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 362/37.

Os fusilados entre setembro e outubro de 1937 foron: Manuel Baldomir Vázquez, Cebolo, zapateiro; Manuel Bergantiños Pose, Chasco, albanel; José-Antonio Boedo Núñez, albanel; Gregorio Cardoso Francisco; Aurelio Castillo Barreiro, albanel; Francisco Díaz Moreno, pintor; Ramón Díaz Valeiro, tipógrafo; Salvador-Mateo Domingo Lliso, oficinista; Alejandro Dopico Saleta, mariñeiro; Pedro Fernández Ferreiro, panadeiro; Ramiro Fontenla Andújar; José García Vázquez, empregado; Ramón González Canosa, dependente; Luis Lafuente Naveira, Reseco, carpinteiro; Antonio Lorenzo García, barbeiro; Federico Rivadulla Rivero, Iquiño; José Rodríguez Serantes, Sarxento, xornaleiro; Manuel Tellado Villar e Antonio Vidal González, panadeiro. A 18 fusiláronos o día 09/10/1937 e a Boedo Núñez, un mes antes, o día 11/09/1937.

Condenaron á pena de morte, no ano 1938, a Enrique-Rodrigo-Antonio-Santos González Mathe; a súa pena conmutáronlla pola de cadea perpetua.

Castigaron á pena de cadea perpetua a: José Castro Añón, pintor; Primo Fajardo Lojo, mariñeiro; Manuel Fernández Blanco, chofer; Mario Fernández Granell, pintor; Fernando López Mantiñán, carpinteiro; Manuel Rodríguez Manresa, xornaleiro; Manuel Parga Suárez; Ricardo Parrondo Ortega, fogueiro; Enrique Roca Gantes e Ramón Varela Rodal, fogueiro.

Condenaron a 15 anos de prisión a: Fernando Castelo Pérez, barbeiro, e Carlos Pérez Fontenla, empregado.

Aos gardas civís que participaron felicitáronos os seus superiores.

Conseguiu escapar da redada do Portiño, agochouse na súa casa e arrestárono en xullo de 1937 a raíz dos sucesos que seguiron á coñecida como “Caída das Atochas”, operación da policía represora do día 10/07/1937.

Xulgado tanto pola xurisdición da Mariña (Ferrol) como pola de Terra (A Coruña) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Deixárono en liberdade condicional en febreiro de 1943.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.