← Volver atrás

Guillén Biel, Julio

Alcume: Guillén, o Biel
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Mariña de Cabral, Vigo
- 21/09/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista, 31 anos. Veciño de San Salvador de Coruxo, Vigo. Irmán de Vicente Guillén Biel, executado.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Despois do golpe dos militares foxe ao monte e formou parte, co seu irmán Vicente, do grupo dos irmáns Rogelio García Molares, o Maletas, e José García Molares, que actuaban na comarca de Vigo desde 1938.

Xulgado en consello de guerra en Vigo co seu irmán Vicente polo delito de rebelión militar, na causa 934/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

O día 06/06/1939 presentáronse os dous irmáns ao gobernador civil de Pontevedra, Manuel Gómez Cantos; fuxiron de novo ao coñecer que ían ser detidos despois do relevo de Gómez Cantos.

Acusárono da morte do garda xurado Manuel Pereiro Bernárdez, xunto con José García Molares, Ramón Pereira Antelo e José-Luis Quintas Figueroa.

Cando a desfeita do Grupo dos Maletas era evidente, delatárono tres compañeiros: Guillermo Santos Caride, Quique; Manuel Rodríguez Fernández, o Coxo de Cabral, e Delmiro Barreiro Cubeiro.

Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Cabral o día 21 de setembro; semella que se suicidou. Na mesma acción prenderon ao seu camarada Jesús Lago González, Petrillas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha