Nacemento:
Morte:
Mecánico e político, 34 anos. En 1928 casou con Elena Arce Fernández (Ambrosero, Bárcena de Cicero, Cantabria). Traballou, por pouco tempo, de maquinista na Mariña Mercante. Á caída da ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja trasladouse a Madrid, onde montou un garaxe de reparación de coches, que rematou nun fracaso.
Falanxista. Volveu a Cantabria e ingresou, en 1934, no partido de Falanxe Española (FE), entón un partido descoñecido e con militancia mínima, desenvolvendo un papel secundario dentro do partido.
Nos primeiros meses de 1936 entrevistouse co xeneral Emilio Mola Vidal, participando nos preparativos do golpe rebelde.
Golpista. Encarcerado.
Cando se produce a sublevación militar achábase na Coruña, onde participou na toma da cidade polos rebeldes e na represión posterior; chegara a Vigo (Pontevedra) o 18 de xullo.
Máis tarde trasladouse a Burgos e converteuse, por mor do encarceramento de José-Antonio Primo de Rivera Sáenz de Heredia, no II xefe nacional de FE. O día 02/09/1936 constituíuse en Valladolid a Xunta do Mando Provisorio que encabezou Hedilla, en ausencia de José-Antonio, que continuaba detido na zona republicana.
Hedilla atopouse á fronte dun partido que medrara considerablemente desde o comezo da guerra, sendo un dos máis importantes partidos da zona rebelde. Tivo que enfrontarse a numerosas loitas internas, non tiña o prestixio de José-Antonio, non tiña estudos e tampouco boas relacións co círculo máis achegado a Francisco Franco Bahamonde. Tiña moitos inimigos, especialmente nos sectores máis conservadores e tradicionalistas.
Contrario á unificación dos partidos rebeldes, contou coa oposición de parte dos seus correlixionarios; no partido creáronse varias faccións e os “lexitimistas”, entre os que se atopaba Pilar Primo de Rivera, enfrontáronse a Hedilla.
No Consello Nacional de FE en Salamanca, do día 16 ao 19/04/1936, houbo fortes distanciamentos. A Hedilla nomeárono xefe do partido mentres José-Antonio seguía preso. Neste congreso Franco aproveitou para deter aos xefes falanxistas Rafael Garcerán Sánchez, Agustín Aznar Gerner e Sancho Dávila Fernández de Celis, aproveitando a debilidade interna do partido para controlar el a todo o grupo.
O día 19/04/1937 Franco publicou o Decreto de Unificación. Hedilla pensou que, ao elixilo por votación no partido, superaría a Franco. O seu erro foi o de non achegarse ao ditador, pero era fiel ao pensamento de José-Antonio; había que ser coherente e non quixo nada co ditador. Franco non comunicou as súas pretensións unificadores nin a falanxistas nin a carlistas e colleu por sorpresa a Hedilla. Manuel Hedilla, despois da publicación do decreto, enviou uns telegramas aos xefes provinciais de FE que serían mal interpretados e considerados como de desobediencia a Franco.
O día 25/04/1936 prendérono, con outros 600 falanxistas, baixo a acusación de conspiración. Houbo manifestacións para que foxe liberado e que se atallaron baixo a suxestión de que os manifestantes eran “rojos”. O Xeneralísimo rematou así coa resistencia dos “Camisas Vellas” e consolidou o seu poder.
Franco nomeou a Raimundo Fernández-Cuesta Merelo como secretario xeral de Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS); Raimundo non fixo nada pola defensa de Hedilla.
Sometido a consello de guerra en Salamanca o día 05/07/1937 co resultado de sentenza á pena de cadea perpetua.
Xulgado nun consello de guerra, con posterioridade, co resultado de sentenza á pena de morte.
Un dos poucos apoios cos que contou entre os franquistas foi o do xeneral Juan Yagüe Blanco. O ditador manifestou sobre Hedilla, no ano 1938, que o debería ter fusilado no seu momento. Manuel Hedilla era contrario á represión, defensor do proletariado e antisemita.
Durante os anos que estivo na cadea pasou fame, privacións e vexacións de todo tipo; a máis encadeárono con republicanos que non o apreciaban. Os primeiros catro anos pasounos na prisión nas Palmas de Gran Canaria; en maio de 1941 Franco decidiu poñelo en liberdade e confinárono en Mallorca ata 1947, ano no que recobrou a liberdade.
Non volveu a FE e retirouse á vida privada, vivindo no ostracismo. En 1968 fundou a Fronte Nacional de Alianza Libre (FNAL) e no ano 1970 morreu en Madrid.
Un mito para os “Camisas Vellas”, contrarios á traizón de Franco aos principios xoseantonianos.
Foi o segundo xefe nacional de Falanxe Española, desde o día 20/11/1936 ata o día 20/04/1937.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.