Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 27 anos. Veciño da Santa María da Pedra, Cariño (A Coruña).
Fuxido. Encarcerado.
Cando se produce o golpe de Estado dos militares houbo enfrontamentos en Cariño ata o día 23/07/1936. Cando todo se perdera para os republicanos, 38 persoas, case que todas do Sindicato da Industria Pesqueira (SIP) da CNT, decidiron secuestrar o boniteiro Arkale, de Pasaia (Guipúscoa), que ao pescar na zona amarrábano no peirao de Cariño. A idea era navegar ata o porto de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia). Saíron na noite do 23 ao 24 de xullo e chegaron a Francia 36 horas despois. Foron ben recibidos e entregaron á beneficencia francesa os 2500 kg de peixe que levaban a bordo. Solicitaron das autoridades francesas o reingreso en territorio leal e o día 01/08/1936 cruzaban a España por Hendaia, Irún (Guipúscoa).
Entre os 38 fuxidos figuraban: Vicente Cariño Pérez, mariñeiro; Evaristo Casas Dopico, mariñeiro; Manuel Docal Breijo, mariñeiro; Marcial Fernández Vázquez, mestre; Emilio Fuentes Villarnovo, fogueiro; José-Amable Hevia Fraguela, mariñeiro; Manuel Novo González, mariñeiro; os irmáns Francisco Pedruelo Tenreiro, mariñeiro, e José Pedruelo Tenreiro, mariñeiro; Vicente Pérez Pena; os irmáns José Pita Armada, mariñeiro, Vicente Pita Armada, mariñeiro, e Manuel Pita Armada, sindicalista; Manuel Ramos Escariz, mariñeiro; José Suárez Hermida, mariñeiro, e Manuel Rodríguez Lago, o Roxo de Viveiro, mineiro.
Combateu no exército republicano na fronte asturiana.
Detido polos alzados no Principado de Asturias en outubro de 1937. Pasou por nun batallón de traballadores. Preso na Escollera do Arsenal de Ferrol (A Coruña) en xaneiro de 1941, antes de que o xulgaran.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol en xullo de 1941 polo delito de rebelión militar (fuxida do Arkale) co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
Interno na Prisión Militar do Castelo de San Felipe, Ferrol, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 8 do día 08/01/1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.