Nacemento:
Morte:
Militar e aviador, 57 anos. Monárquico. Considerado o fundador do actual Exército do Aire. Participou cunha escuadrilla de aeroplanos nas primeiras actuacións desta arma na Guerra de Marrocos. En 1926 era director xeral de Aeronáutica, etapa de éxitos aéreos, coma o vo do Plus Ultra. En 1927 a arma de Aviación nace como independente das outras armas. En 1929 ascende a xeneral de brigada.
Ao proclamarse a II República exiliouse en Francia e logo en Suíza. En 1934 regresa a España para colaborar activamente na preparación do golpe de Estado de 1936.
Golpista.
En setembro de 1936 Francisco Franco Bahamonde era o candidato mellor colocado para asumir o mando de todo o Exército. Emilio Mola Vidal rechazaba como herdeiro da coroa a Juan de Borbón, Franco aceptábao, e isto entregoulle tamén aos monárquicos. O día 28/09/1936, en Salamanca, a Franco nomeárono "Xeneralísimo", sobre todo por contar cos apoios dos xenerais Alfredo Kindelán Duany, Nicolás Franco Bahamonde, Luis Orgaz Yoldi, Juan Yagüe Blanco e José Millán-Astray Terreros. Incluso chegou a contar coa conformidade reservada de Mola. Só Miguel Cabanellas Ferrer, que o tivera baixo ás súas ordes en África, se opuxo, temendo que se convertera no ditador no que logo se converteu.
Na Junta de Defensa Nacional, Franco nomeouno xefe do Aire, facéndose cargo das forzas aéreas dos fascistas, incluídas as alemás e as italianas. O seu apoio a Franco como "Xeneralísimo" debeuse a súa confianza en que restauraría a monarquía.
Ao remate da guerra, considerábao como un igual e premíao para que rematase aquela situación de rexencia e instaurase a Alfonso XIII.
Franco non lle concedeu o Ministerio do Aire. Diante da Segunda Guerra Mundial mantívose como partidario dos aliados e cando Franco pretendeu aliarse con Adolf Hitler; Kindelán, que tiña moitos apoios entre os militares, ameazouno cun golpe de Estado para restaurar a monarquía.
Este apoio á monarquía custoulle que Franco o enviara á prisión; dada a súa avanzada idade, desterrárono ás Illas Canarias en 1946.
Nomeado Marqués de Kindelán no ano 1961.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.