Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 26 anos. Veciño de Santa Uxía do Ézaro, Dumbría.
Fuxido. Encarcerado.
Despois de permanecer agochados no Monte Pindo durante máis dun ano, o sábado 16/10/1937 un grupo de 13 persoas de Carnota e Dumbría decidiron facerse coa motora O As de Sel, propiedade de Antonio Sel, e escapar da guerra e da represión á que os sometían a eles e aos familiares e veciños os franquistas. Baixaron ao porto do Sinal e fixéronse co barco despois de ameazar á tripulación a punta de pistola. Incautaron combustible e provisións en Corcubión e Fisterra e, no medio do temporal, puxeron rumbo a Inglaterra; aos dous días auxiliounos e remolcounos o vapor inglés SS Strib ata Bristol (Inglaterra). As autoridades inglesas, polo Pacto de no Intervención, devolvéronos a Cataluña, a través de Francia, e tiveron que loitar no exército republicano.
Os 13 fuxidos eran os veciños de Lira, Carnota, Manuel Caamaño González e os do Pindo, Carnota, Ángel Casais Caamaño; Luis Casais Casais, estudante; José-Joaquín Casais Piñeiro; José Piñeiro Casais; Manuel Piñeiro López; os irmáns Alfredo Piñeiro Riveiro e Constantino Piñeiro Riveiro. Tamén fuxiron os veciños do Ézaro, Dumbría, Domingo-Antonio Castro Rodríguez; Manuel-Francisco Ferrer Gándara; Manuel Lago Sambade; e os irmáns Manuel Rodríguez Louro e Joaquín Rodríguez Louro.
A moitos deles procesáronos en Ferrol (A Coruña) o día 20/11/1937, na causa 474/37, polos delitos de piratería, roubo e rebeldía.
Pasou a Francia e logo a Barcelona, onde se alistou no Exército Popular republicano.
Capturárono os sediciosos.
Xulgado en consello de guerra polo delito de deserción e pola fuxida do vapor As co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
Interno na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 5 do día 05/01/1943.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.