← Volver atrás

López Centeno, José-Maximiliano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Montecelo, San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos
(Lugo)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 29/01/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Ferroviario, 30 anos. Casado con Carmen Rodríguez Nogueira; tiveron dúas fillas: Manuela e Josefina. Veciños dos Albaredos, San Miguel de Montefurado, Quiroga (Lugo). Irmán de María-Luisa López Centeno, encarcerada, e de Oliva López Centeno, tamén encarcerada. Fillo de Ramón López Casanova e sobriño de María López Casanova, asasinados no enfrontamento de San Xoán de Chavaga, Monforte de Lemos (Lugo). Á súa nai, Petra Centeno Baños, condenárona á cadea. Traballaba de vixiante da empresa Vías y Construcciones.

Militante socialista.

Executado.

Ingresado no cárcere de Monforte de Lemos (Lugo) o día 24/01/1937 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión e auxilio á rebelión, na causa 98/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 30/08/1937.

Os resultados penais deste proceso foron os de pena de morte para: Tiberio Álvarez Gómez (conmutada por cadea perpetua), José-Maximiliano López Centeno e Herminio Vidal Rodríguez (conmutada por cadea perpetua); a cadea perpetua castigaron a: Aquilino Fernández Cao, Antonio Lorenzo Incógnito e Inocencio Ogando Ferreiro; tamén condenaron á cadea temporal a: José Mondelo Vicente e José Rodríguez Nogueira.

Fusilado no patio da cadea de Lugo.

Morte rexistrada en Lugo por mor de feridas mortais na cabeza.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha