← Volver atrás

López Novo, Vicente

Alcume: Rufino, o Fillo da Nova
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Santa Uxía de Ribeira
(A Coruña)
- 01/01/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Loureiro, Santa María de Luou, Teo
(A Coruña)
- 19/05/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 18 anos.

Militante da CNT.

Fuxido. Morte en enfrontamento.

Desde finais de 1947 formou parte da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que lideraba Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito, á que se incorporou con Julio Bazarra Constenla. Nesta V Agrupación coincidiu con Ricardo Fernández Carles e Florentino Menéndez Palacio, Tino, Asturiano.

Nos primeiros meses de 1948 Foucellas decidiu dividir o grupo en dúas partidas, unha comandada por Miguel Nicolás Esperante, Corcheiro, e outra por Rufino. Coa morte do Corcheiro en Silleda o día 09/04/1948, volveron reunificarse.

A partida de Benigno Andrade García axustiza ao falanxista Jesús Cuñarro Mosteiro na súa taberna de Santiago de Cercio, Lalín (Pontevedra) o día 10/02/1948. Interveñen na acción Foucellas, Florentino Menéndez Palacio, José Remuiñán Barreiro, Julio Bazarra Constenla, Vicente López Novo, Miguel Nicolás Esperante e Eugenio Rueda Perosanz.

A este grupo avistouno a Garda Civil en Loureiro o 19/05/1948, cando descansaba nun alpendre da casa de Carmen Mosqueira Parajo. Nun primeiro enfrontamento, no fogo cruzado, morre o número da Garda Civil, Manuel Jardón Castro. O sarxento Antonio Otero Louro, ao mando dos gardas civís, ordena incendiar o alpendre onde se refuxiaban os guerrilleiros. Manuel Agrasar Cajaraville, Barbarroxa, morreu polos disparos das metralladoras xunto con Vicente López Novo, Rufino; Florentino Menéndez Palacio, Tino, e Ricardo Fernández Carles.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Santa María de Luou.

Dous guerrilleiros logran fuxir, Benigno Andrade García, Foucellas, e José Remuiñán Barreiro, Ricardito; retiráronse á zona de Curtis (A Coruña).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha