Nacemento:
Morte:
Labrego, 20 anos. Fillo de Veneranda Suárez Crespo, encarcerada por encubrir fuxidos. Veciños de Ansoar.
Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.
Desertou do 353º Batallón.
Foxe ao monte ao comezo da guerra civil e formou parte dun grupo de guerrilleiros que actuaba no suroeste da provincia de Lugo, principalmente en Chantada, comandados por Salvador Valcárcel Montenegro, Recaré. Neste grupo figuraban tamén: Benjamín Argiz Fiunte, Benito Montes Otero e Victorino Quintana Vázquez.
Con este grupo participou no asalto da sucursal do Banco Pastor en Chantada e a un ómnibus da Empresa Montaña. Tamén o acusaron de participar no asasinato dun garda civil e de dous paisanos, de ferir a un comandante de Aviación, a un cabo e a dous soldados de Infantería e a un cabo da Garda Civil.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 812/38, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 14/05/1940. Proceso contra veciños de Chantada, Taboada e O Saviñao.
Neste proceso condenaron a 16 anos de cadea a José Benito Rodríguez; a 12 anos e un día a: Emilia Cadahía Montes, Manuel González García, Evaristo López Caseiro e Claudina Rodríguez Fernández; declararon fuxidos a: Ricardo Areán Sánchez, Benjamín Argiz Fiunte, Salvador Gil Moure, Jesús López Suárez e Victorino Quintana Vázquez; ditaron sentenza de absolución para Francisco Blanco Caseiro. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Manuel Gil Moure, Estrella Lamas González, Claudio Rodríguez Castro, Hilda Rodríguez Fernández, Salvador Valcárcel Montenegro e Manuel Vázquez López.
O seu grupo quedou desfeito cando a Garda Civil matou a Salvador Valcárcel e outros dous guerrilleiros da partida en Santa Baia de Adá, Chantada, o día 11/04/1939.
En 1940 decidiu exiliarse e contactou cunha rede de evasión con ánimo de lucro. Nesta rede figuraba Carmen Cervelo Iglesias, procesada en 1941 e acusada de auxilio á rebelión por “facilitar o intento de fuga ao estranxeiro de Jesús López Suárez”; xulgada en Lugo o día 14/12/1942 e condenada a 12 anos e un día de cadea.
Requirido polo xuíz militar de Lugo con Salvador Gil Moure, na causa 422/41, por un atraco e pola morte dun garda civil.
A Jesús prendeuno a Garda Civil en Chantada en xuño de 1942.
O Tribunal Militar Territorial de Lugo abriu a causa 365/42 polo seu pasamento.
Morreu no ano 1942; a súa testemuña de “antes de su muerte” figura na sinalada causa 365/42.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.