← Volver atrás

Montero Malvar, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Ponteareas
(Pontevedra)
- 11/11/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Barcelona
- 06/03/1984 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Impresor e político, 37 anos. Veciño de Ponteareas. En 1926 residía en Vigo (Pontevedra), onde o multaron no mes de marzo dese ano por escándalo. En outubro de 1928 elixírono bibliotecario do Círculo Mercantil de Cangas (Pontevedra).

Dono dunha imprenta en Vigo, procesárono e castigárono a dous meses de cadea, en decembro de 1933, por imprimir un panfleto convocando á folga xeral.

Encarcerado.

En marzo de 1945 os franquistas detiveron baixo a acusación de pertencer á Unión Nacional Española (UNE) a: Mariano-Manuel Otero Castelao, Jesús Balboa López, Manuel Montero Malvar, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Manuel Álvarez Díez, Cándido Comesaña Fernández, Leandro Aroca González, José Velo Mosquera, Avelino Álvarez Meana, Aníbal González Fernández e Rosa González Cabo.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 94/45.

Neste xuízo condenaron a cadea perpetua a Francisco Rey Drox. Procesaron ademais, entre outras persoas, a: Manuel Álvarez Díez, Avelino Álvarez Meana, Leandro Aroca González, Jesús Balboa López, Estanislao Cantero Izquierdo, Pedro Cantero Izquierdo, Gaspar-Antonio Castro López, José Cerveró Ruiz, Cándido Comesaña Fernández, Rosa González Cabo, Aníbal González Fernández, Fernando López Mantiñán, Manuel Montero Malvar, Mariano-Manuel Otero Castelao, Jesús Pérez Bustos Ponce de León, Antonio Soto Magariños e José Velo Mosquera.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha