← Volver atrás

Nanín Ansias, Enrique

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

Ourense
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 11/10/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario e político, 29 anos. Veciño da rúa Hernán Cortés, en Ourense. Irmán de Antonio Nanín Ansias, procesado. Vixiante de arbitrios.

Prendérono en maio de 1933 por un suposto atentado contra o Goberno Civil ourensá.

Tamén o arrestaron por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

En xullo de 1936 era secretario en Ourense do Socorro Rojo Internacional (SRI).

Fuxido. Executado.

Despois do golpe militar fuxiu e agochouse na casa dos irmáns Ángel González Cudeiro e Julio González Cudeiro. Delatados por un veciño, detivéronos os franquistas aos tres o día 26/03/1937; tamén detiveron ao pai destes irmáns, Ramón González Calviño.

Xulgado en consello de guerra en Ourense o día 29/07/1937 polo delito de rebelión militar, na causa 391/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste procedemento condenaron á pena de morte a: José Fernández Pérez, Enrique Nanín Ansias e Severino Nóvoa Gutiérrez; penas de 12 anos e un día para: Luis Acuña Novoa, Patricio Arce Susilla e José Pérez Gómez; ditaron auto de absolución para Ramiro Pérez Serrano e declararon fuxido a Luis Vidal.

Volvérono xulgar no Tribunal Militar Territorial de Ourense na causa 612/37.

O tribunal condenou á pena de morte a Ramón González Calviño; pena de prisión para Vicenta Cudeiro Caseiro; autos de absolución para: Ángel González Cudeiro, Josefina González Cudeiro e Julio González Cudeiro; sobresemento do proceso para Antonio Nanín Ansias. Tamén enxuizaron neste procedemento a Enrique Nanín Ansias.

Fusilárono os franquistas no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Asasinaron no Campo de Aragón nese día a estas cinco persoas: José González Tesouro, Machadiña; José Fernández Pérez, Pepe da Botica; Severino Nóvoa Gutiérrez; Enrique Nanín Ansias e Gerardo Rodríguez Fernández, Gerinaldo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha