Nacemento:
Morte:
Mineiro, 23 anos. No ano 1936 traballaba nas minas no Principado de Asturias.
Fuxido.
Cando se produce o alzamento rebelde uniuse ao exército leal e cando caeu a Fronte Norte tentou volver a Ulloa, pero prendérono os fascistas en San Salvador de Guntín de Pallares, Guntín (Lugo).
Xulgado en consello de guerra en León e condenado a cadea perpetua.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de León.
Enviárono a redimir condena ás minas de Fabero (León), de onde fuxiu en febreiro de 1941 con outros tres presos. Chegaron a Toques (A Coruña) e fixéronse con escopetas.
A finais do verán de 1941 asaltaron a taberna de Ramón Blanco González en Santa María de Cuíña e, o 17/11/1941, deron un golpe económico na taberna de Antonio Rodríguez García en San Mamede do Carballal; as dúas eran parroquias do concello de Palas de Rei. O día 29 seguinte fracasaron no intento de secuestro dun dono dun comercio no Castro das Seixas, San Salvador de Merlán, tamén en Palas.
En Lugo ditouse unha requisitoria contra el e o compañeiro que lle quedaba (Ovidio Álvarez), imputados na causa 7/42 polo delito de atracos.
Formou parte da Partida de Curuxás de Ramón Rodríguez Varela, Curuxás.
Por este grupo pasaron: Hilario Arroyo Medina, Medina; José-Luis Castro Veiga, o Piloto; José Díaz; Manuel Fernández Valle, Portafondón; Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Celestino Horta Resúa; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Avelino Méndez Suárez, Asturiano; Lisardo Núñez; Guillermo Paredes Viñas, Guillermo da Canteira; Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; Abdón Telesforo Vázquez e José Vázquez Otero.
Xa como guerrilleiro imputárono na causa 546/46 de León con Marcelino de la Parra Casas e outros guerrilleiros da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG) por delitos contra a seguridade do Estado .
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.