Nacemento:
Morte:
Carpinteiro, político e sindicalista, 58 anos. Casado con Luisa Noya Martínez; tiveron cinco fillos e tres fillas: Marcelino, Modesto, Palmiro, Luis, Celia, Florentino, Flora e Laura. Veciños de Santa María de Conxo, Santiago de Compostela. Aos seus fillos Marcelino Pasín Noya e Modesto Pasín Noya fusiláronos; a Luis Pasín Noya encarcerárono; a Florentino Pasín Noya mobilizárono forzosamente no exército golpista e a Palmiro Pasín Noya tamén o encarceraron.
Líder histórico dos movementos obreiro e labrego de Santiago de Compostela. Concelleiro desde 1910 a 1923 e logo 1º tenente de alcalde en 1931 ata a súa expulsión en 1934 despois do fracaso da folga xeral revolucionaria de outubro dese ano. Membro da Federación Republicana Galega (FRG). En agosto de 1935 elixírono presidente de Vangarda de Esquerda Galega (VER).
Fundou os xornais La Defensa e, despois, Lucha Social. Director de La Redención.
Fuxido. Sancionado. Depurado.
No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela.
Despois do triunfo do golpe militar perseguírono os falanxistas, foxe e vive agochado nos montes da contorna, ata que en 1939 se entrega, despois do bando do gobernador de Pontevedra Manuel Gómez Cantos, quen lle permite permanecer en liberdade vixiada.
Condenárono por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 pesetas e inhabilitárono para exercer cargos públicos durante seis anos.
A súa muller e os seus fillos sufriron continuas humillacións; dous fillos finaron executados.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.