← Volver atrás

Pérez Ferreño, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

San Xulián de Cela, Cambre
(A Coruña)
- 01/01/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Grela, A Coruña
- 18/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político, 27 anos. Casado con Manuela Míguez López, que estaba en estado e xa tiñan dúas fillas. Veciños de Cela.

Militante da CNT.

Xulgado polo delito de sedición, en xaneiro de 1934, pola súa implicación no movemento insurreccional de decembro de 1933 co resultado de catro meses de arresto.

Concelleiro de Cambre no ano 1936, no departamento de Beneficencia. Nun pleno pediu o traslado do cura de Cambre, Juan Bueno Rodríguez. Tamén solicitou o traslado do cura de Sigrás, José Cerqueiro Suárez, que na casa reitoral de Sigrás albergaba a unha asociación de tipo fascista.

Tiña como compañeiros na Corporación de Cambre de 1936, entre outras persoas, a: Luciano Costa García, asasinado; Antonio Cañas Lens, procesado.

Paseado.

Cando se produce o golpe militar fórono buscar a súa casa, prendérono diante da súa familia e asasinárono sen xuízo.

Morte rexistrada por mor dunha hemorraxia interna.

O seu cadáver apareceu na Grela.

Soterrárono o día 18 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con José Aradas Pousa, Rogelio Ares Valiño, Luis Baldomir Trillo, José Boedo López, Manuel Hermida Hermida, Bernardo Hernández Ares, Severino López López e Antonio Prenas Illobre. Trasladárono ao cemiterio de Cambre en outubro de 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha