← Volver atrás

Piñeiro Romero, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado. Desaparecido

Nacemento:

Santa Eulalia, Vilagarcía de Arousa
(Pontevedra)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

San Simón de Ons de Cacheiras, Teo
(A Coruña)
- 14/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Electricista e político, 36 anos. Veciño de Padrón (A Coruña). Empregado da compañía Electra de Padrón. Era músico afeccionado, tocaba a gaita e o acordeoón e formou no grupo A Rolda.

Militante da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Padrón. Alcalde de Padrón na II República.

Participou en mitins para pedir o si para o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Paseado. Desaparecido.

O presidente do Comité de Defensa da República en Padrón era Daniel Caamaño Eiras e tamén figuraban: Andrés García de la Riva Colombo, da UXT; Andrés-Genaro Rey Baltar, de Esquerda Republicana (ER); Antoliano Correa Jamardo, concelleiro da Fronte Popular (FP); José Calvo Rivas, de ER; Juan Ribeiro Aboy; Francisco-José-Ramón Castaño Otero e Ramón Piñeiro Romero; posiblemente tamén estarían José-Ramón Millares Gil e Jaime Caamaño Comparada. Rematada a resistencia aos golpistas, prendérono.

Internárono na cadea en Padrón o día 30/07/1936 e o 30 de agosto seguinte enviárono á cadea a Santiago de Compostela (A Coruña).

Aínda que estaba procesado na causa 239/36 non figura entre os condenados no consello de guerra do 16/11/1936.

Os falanxistas sacárono da cadea e paseárono en Cacheiras sen que se atopara o seu corpo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha