← Volver atrás

Calvo Rivas, José

Alcume: Gordiño
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea

Nacemento:

Padrón
(A Coruña)
- 01/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 27/10/1939 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Contratista de obras e carpinteiro, 38 anos. Veciño de Pazos, Santa María de Iria Flavia, Padrón.

Militante de Esquerda Republicana (ER).

Fuxido. Encarcerado. Morte na cadea.

O presidente do Comité de Defensa da República en Padrón contra dos sediciosos era Daniel Caamaño Eiras e tamén figuraban: Andrés García de la Riva Colombo, da UXT; Andrés-Genaro Rey Baltar, de Esquerda Republicana (ER); Antoliano Correa Jamardo, concelleiro da Fronte Popular (FP); José Calvo Rivas, de ER; Juan Ribeiro Aboy; Francisco-José-Ramón Castaño Otero e Ramón Piñeiro Romero; posiblemente tamén estarían José-Ramón Millares Gil e Jaime Caamaño Comparada.

Agochouse pero prendérono en xullo de 1937 os franquistas.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 16/11/1936 polo delito de traizón, na causa 239/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Acusárono de formar parte do Comité da Fronte Popular, que alentou ás masas na resistencia en Padrón contra os rebeldes.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Jaime Caamaño Comparada, Francisco-José-Ramón Castaño Otero, Antoliano Correa Jamardo, José-Ramón Millares Gil e Andrés-Genaro Rey Baltar; castigaron coa cadea perpetua a José Calvo Rivas e declararon fuxidos a: Daniel Caamaño Eiras e Andrés García de la Riva Colombo.

Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas da Coruña.

Morre que rexistra na enfermería da Prisión Provincial da Coruña.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1958.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha