← Volver atrás

García de la Riva Colombo, Andrés

Alcume: Mil Realitos, Andrés Colombo
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Pontecesures
(Pontevedra)
- 23/06/1911 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Valencia
- 01/01/1991 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Empregado, pintor e debuxante 25 anos. Veciño de Padrón (A Coruña). Empregado do Banco Pastor. Marchou a Madrid en novembro de 1934 e regresou a Galicia en febreiro de 1936.

Militante de Esquerda Comunista de España (ECE) en Padrón e secretario do Sindicato de Oficios Varios da UXT. Despois militou no Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM).

Pasou pola cadea de Santiago de Compostela (A Coruña) por mor das súas accións solidarias durante a folga xeral de outubro de 1934.

Colaborou cos seus deseños en El Pueblo Gallego, en Proa e na revista madrileña Nosotros.

Fuxido. Encarcerado.

O presidente do Comité de Defensa da República en Padrón fronte aos sublevados era Daniel Caamaño Eiras; tamén figuraban: Andrés García de la Riva Colombo, da UXT; Andrés-Genaro Rey Baltar, de Esquerda Republicana (ER); Antoliano Correa Jamardo, concelleiro da Fronte Popular (FP); José Calvo Rivas, de ER; Juan Ribeiro Aboy; Francisco-José-Ramón Castaño Otero e Ramón Piñeiro Romero; posiblemente tamén estarían José-Ramón Millares Gil e Jaime Caamaño Comparada.

Despois do triunfo do golpe militar pasou a Vigo (Pontevedra) coa intención de abandonar o país; ao non conseguilo, agochouse en Baños de Molgas (Ourense) e pasou a Zaragoza, onde se fixo con documentación falsa e chegou á zona leal de Valencia en novembro de 1937.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 16/11/1936 polo delito de adhesión á rebelión, na causa 239/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Jaime Caamaño Comparada, Francisco-José-Ramón Castaño Otero, Antoliano Correa Jamardo, José-Ramón Millares Gil e Andrés-Genaro Rey Baltar; castigaron coa cadea perpetua a José Calvo Rivas e declararon fuxidos a: Daniel Caamaño Eiras e Andrés García de la Riva Colombo.

Loitou no bando republicano integrado nas Milicias do POUM, como comisario de municionamento da 62ª Brigada, 31ª División do X Corpo de Exército, do Exército do Este.

Ao remate da guerra civil pasou a Francia e ingresárono no campo de concentración de Argelès-sur-Mer.

En 1947 préndeno os fascistas en Xirona e puxérono a disposición do xuíz desa praza. Acusárono de paso clandestino de fronteiras e de actividades clandestinas; pasou por varias cadeas e, co tempo, deixárono en liberdade.

No ano 1965 regresou a España e instalouse en Valencia, cidade na que retomou a pintura.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.