Nacemento:
Morte:
Político, 27 anos. Casado; tiñan tres fillos. Veciños de Padrón. Fillo de Jaime Caamaño Comparada, fusilado polos rebeldes e irmán de Manuel Caamaño Eiras, encarcerado.
Fuxido. Paseado.
O presidente do Comité de Defensa da República en Padrón era Daniel Caamaño Eiras e tamén figuraban: Andrés García de la Riva Colombo, da UXT; Andrés-Genaro Rey Baltar, de Esquerda Republicana (ER); Antoliano Correa Jamardo, concelleiro da Fronte Popular (FP); José Calvo Rivas, de ER; Juan Ribeiro Aboy; Francisco-José-Ramón Castaño Otero e Ramón Piñeiro Romero; posiblemente tamén estarían José-Ramón Millares Gil e Jaime Caamaño Comparada.
Acode á estación de Osebe, San Xulián de Bastavales, Brión (A Coruña), con outros republicanos de Santiago de Compostela, Teo e Ames, para tentar deter o tren que procedía de Pontevedra e que supoñían levaba armas. No tren viñan forzas da Garda Civil, houbo un enfrontamento e non se puido rematar a acción.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 07/09/1936 polo delito de rebelión, na causa 128/36, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
O tribunal condenou á pena de morte a: Faustino Liste Forján, Serafín Mariño Santos, José Pose Miguens e José Tourís Castro; castigaron coa cadea perpetua a Luis García Abella. Tamén procesaron a Daniel Caamaño Eiras.
Despois andou fuxido.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) o día 16/11/1936 polo delito de traizón, na causa 239/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Jaime Caamaño Comparada, Francisco-José-Ramón Castaño Otero, Antoliano Correa Jamardo, José-Ramón Millares Gil e Andrés-Genaro Rey Baltar; castigaron coa cadea perpetua a José Calvo Rivas e declararon fuxidos a: Daniel Caamaño Eiras e Andrés García de la Riva Colombo.
A Jaime sacárona da cadea e déronlle o paseo.
Morte rexistrada en Padrón a causa de inhibición cerebral por disparos de arma de fogo.
O seu cadáver apareceu na Valiña, San Xurxo de Vea, cun tiro na caluga.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.