← Volver atrás

Correa Jamardo, Antoliano

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado. Sancionado

Nacemento:

Padrón
(A Coruña)
- 22/12/1896 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Boisaca, Santiago de San Caetano, Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 01/12/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xastre e político, 39 anos. Casou en 1916 en Padrón con Ángeles Forján; tiveron dúas fillas: María de los Ángeles e Margarita. Veciños de Padrón, onde tiña unha xastería na rúa Gasset e Artime. Tamén foi dono dun salón de baile na súa localidade.

Concelleiro de Padrón en 1931 polo Partido Republicano Radical (PRR) e en 1932 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA); foi terceiro tenente de alcalde. Tamén era concelleiro en 1936 cando se produce o golpe de Estado.

Tivo como compañeiro na Corporación de Padrón, entre outras persoas, a Eduardo Castroagudín Pérez, asasinado.

Executado. Sancionado.

O presidente do Comité de Defensa da República en Padrón fronte aos rebeldes era Daniel Caamaño Eiras e tamén figuraban: Andrés García de la Riva Colombo, da UXT; Andrés-Genaro Rey Baltar, de Esquerda Republicana (ER); Antoliano Correa Jamardo, concelleiro da Fronte Popular (FP); José Calvo Rivas, de ER; Juan Ribeiro Aboy; Francisco-José-Ramón Castaño Otero e Ramón Piñeiro Romero; posiblemente tamén estarían José-Ramón Millares Gil e Jaime Caamaño Comparada.

Prendérono os fascistas e recluírono na cadea de Padrón ata o día 30/08/1936, data na que o trasladaron á prisión de Santiago de Compostela (A Coruña).

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela o día 16/11/1936 polo delito de traizón, na causa 239/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Jaime Caamaño Comparada, Francisco-José-Ramón Castaño Otero, Antoliano Correa Jamardo, José-Ramón Millares Gil e Andrés-Genaro Rey Baltar; castigaron coa cadea perpetua a José Calvo Rivas e declararon fuxidos a: Daniel Caamaño Eiras e Andrés García de la Riva Colombo.

Fusiláronos a todos eles no cemiterio de Boisaca.

Con posterioridade embargáronlle os seus bens.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha